![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7b/Ferrari_FXX_-_rear_02.jpg/640px-Ferrari_FXX_-_rear_02.jpg&w=640&q=50)
Ferrari FXX
automóbil superdeportivo / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Ferrari FXX é un automóbil superdeportivo producido pola marca de automóbiles italiana Ferrari. O FXX é a versión ultradeportiva do Ferrari Enzo (sucesor do Ferrari F50), concibida por Giuseppe Petrotta. O seu motor V12 de 6.262 cc ofrece 800 CV a 8500 rpm e 70 mkg de par máximo a 5750 rpm. A pesar deste cabalaxe desmesurado o FXX non rompe coa tradición da marca e é fiel á tracción traseira. A súa carrocería construída integramente en fibra de carbono ofrece a 350 km/h unha carga aerodinámica de 1500 kg (430 kg máis que o Ferrari Enzo á mesma velocidade).
![]() | |
Ferrari | |
---|---|
Información | |
País | ![]() |
Fabricante | Ferrari |
Produción | 2005-2007, 30 unidades |
Sucesor | |
Carrozaría | Berlinetta dúas portas |
Motor | Motor V12 a 65º no medio de 6262 cc |
Potencia | 800 hp. a 8500 rpm |
Longo | 4.702 mm |
Largo | 2.035 mm |
Alto | 1.147 mm |
Peso | 1155 kg |
Tracción | Traseira, caixa de cambios secuencial de 6 velocidades |
Suspensión | |
Freos | |
Prestacións | 365 Km/h. Aceleración 0-100: 2.5 s. |
Pneumáticos | 19 polgadas |
Outros datos | |
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7b/Ferrari_FXX_-_rear_02.jpg/640px-Ferrari_FXX_-_rear_02.jpg)
A súa velocidade máxima é de 386 km/h, entrando así no vedado terreo dos cinco coches máis rápidos do mundo. Só ten un asento (monopraza), e non está homologado nin para circular pola rúa nin para competición. Só foron fabricadas 30 unidades, a maioría delas da cor "Rosso Corsa", aínda que hai outras de cor negra, azul e amarela. A súa fabricación foi posible grazas á axuda de Bridgestone e Brembo por facer uns pneumáticos e uns freos específicos do modelo. O seu prezo variaba entre 1 500 000 e 1 800 000 euros segundo a cor do vehículo e dependendo de cantos Ferrari posuía o seu futuro comprador. Unha condición insalvable que Ferrari impuxo aos seus futuros propietarios era de adquirir anteriormente un Ferrari Enzo directamente á marca, descartando así os que foron adquiridos no mercado de segunda man.