Suspensión
páxina de homónimos / From Wikipedia, the free encyclopedia
O termo suspensión, do latín suspensĭo, -ōnis, "acción e efecto de suspender, ou de interromper",[1][2] pode referirse, entre outras cousas, a:
- En ciencia
- suspensión, en química, é un coloide, un estado provisional no que unha mestura dun líquido ou un gas cun material sólido dividido en partículas diminutas, mantense un tempo sen que as partículas sedimenten.
- suspensión, en farmacia galénica, é a dispersión dun sólido (po) insolúbel (ou practicamente insolúbel) nun medio líquido.
- suspensión, en xeomorfoloxía, é un proceso de transporte de sedimentos pola acción da auga ou do vento.
- suspensión, en matemáticas, é unha construción topolóxica definida por esmagamento das extremidades dun cilindro.
- En vehículos
- a suspensión en vehículos é o conxunto de elementos que absorben as irregularidades do terreo polo que se circula para aumentar a comodidade dos pasaxeiros e o control do vehículo;
- Nas antigas carruaxes de tracción animal, a suspensión refírese a cada unha das béstas e correas destinadas a suspender a caixa do coche, a fin de dar a esta un movemento máis suave.
- Nos automóbiles e vagóns de ferrocarril, a suspensión é o conxunto das pezas e mecanismos destinados a facer elástico o apoio da carrocería sobre os eixes das rodas. No caso dos automóbiles, camións e motocicletas, distínguense dous tipos:
- a suspensión vehicular ou suspensión independente,
- a suspensión activa, ou electrónica;
- á parte está a suspensión na bicicleta, que necesita certas características especiais.
- En música
- a suspensión, en música, ou retardo descendente, é o retardo dunha nota musical que, pertencendo ao acorde anterior, ocupa o lugar dunha nota do acorde co que soa.
![]() | Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → ![]() |