![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e2/Chopin_trio_partiture.jpg/640px-Chopin_trio_partiture.jpg&w=640&q=50)
Notación musical
sistema de signos para escribir música / From Wikipedia, the free encyclopedia
A notación musical é un sistema de signos para escribir música. Ó longo do tempo e das diferentes culturas desenvolvéronse diferentes sistemas de notación musical. O sistema de máis uso actualmente xurdiu dun proceso que se desenvolveu na cultura occidental. O uso sistemático da notación musical posibilita a conservación dun amplo repertorio musical ao tempo que evita que o músico teña que aprender as pezas de memoria, liberándoo da parte máis mecánica da súa tarefa, co que se pode concentrar na creación de estruturas máis complexas.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2016.) |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e2/Chopin_trio_partiture.jpg/640px-Chopin_trio_partiture.jpg)
O elemento básico de calquera sistema de notación musical é a nota, que representa un único son e as súas características básicas: duración e altura. Os sistemas de notación tamén permiten representar moitas outras características, tales como variacións de intensidade, expresión ou técnicas de execución instrumental.