percepción da frecuencia dun son From Wikipedia, the free encyclopedia
A altura refírese ao xeito como o oído humano percibe a frecuencia fundamental, ou o que é o mesmo, a altura é unha calidade do son que nos permite distinguir se un son é grave (baixo) ou agudo (alto). De xeito que se as baixas frecuencias son recoñecidas como sons graves (baixos), mentres que as altas frecuencias son recoñecidas como sons agudos (altos).
Independentemente do sistema musical, a altura dos sons indica o rexistro, por exemplo tres rexistros elementais: grave, medio e agudo.
Ao ser un tipo de frecuencia, a unidade empregada para medir a altura é o Hertz (Hz). O límite inferior do oído encóntrase entre os 16 e os 20 Hz. Por riba dun límite entre os 16.000 aos 20.000 Hz (segundo o oído de cada persoa) deixase de oír son. Os sons por debaixo do límite inferior de audición son denominados infrasóns, mentres que os que están por riba do límite superior son chamados ultrasóns.
Unha altura absoluta deseña unha frecuencia precisa (a frecuencia do diapasón actual é de 440 Hz, é unha altura absoluta).
Unha altura relativa designa a relación de frecuencias, é dicir un intervalo, en termos de solfexo. A transposición musical consiste en "desprazar" a altura absoluta de cada nota conservando os intervalos (e polo tanto as súas alturas relativas).
Na música tonal, a altura de referencia que permite apreciar unha altura relativa, pode ser:
En música podemos representar a altura por medio das seguintes ferramentas:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.