Constructor de Automóbiles deportivos; subsidiaria de Ferrari N.V From Wikipedia, the free encyclopedia
Ferrari é un fabricante italiano de coches de carreiras e de deportivos de luxo fundado por Enzo Ferrari en 1929. No seu inicio, a Scuderia Ferrari patrocinou pilotos e coches de carreiras; a empresa comezou a súa produción independente en 1946, converténdose máis adiante en Ferrari S.p.A., e dende 1969, cando foi vendida, forma parte do grupo Fiat. A empresa ten a súa sede en Maranello, preto de Módena, Italia.
Ferrari | |
---|---|
Il cavallino rampante | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1929 |
Matriz | Fiat S.p.A. |
Localización | Maranello, Módena, Italia |
Fundador | Enzo Ferrari |
Persoas clave | Luca Cordero di Montezemolo (Presidente) Piero Ferrari (Vice Presidente) Amedeo Felisa (Administrador) |
Industria | Automóbil |
Produtos | Automóbil |
Número de empregados | 2.695 (2011) |
Na rede | |
https://www.ferrari.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O famoso símbolo é un cabalo negro rampante nun fondo amarelo, sempre coas letras S F de Scuderia Ferrari. O cabalo era orixinalmente o símbolo do Conde Francesco Baracca, un lendario "ás" da forza aérea italiana durante a primeira guerra mundial, que o pintou no lateral dos seus avións. Baracca morreu moi novo o 19 de xuño de 1918, abatido tras 34 duelos vitoriosos e moitas vitorias en grupo, tornándose así nun heroe nacional.
Baracca quería o cabalo rampante nos seus avións porque o seu escuadrón, os "Battaglione Aviatori", fora inscrito nun rexemento de Cabalaría (as forzas aéreas estaban nos seus primeiros anos e non tiñan administración separada), e tamén porque el mesmo tiña a reputación de mellor cavaliere (cabaleiro) de seu equipo.
O 17 de xuño de 1923, Enzo Ferrari gañou unha carreira no circuíto de Savio en Rávena onde coñeceu á Condesa Paolina, nai de Baracca. A Condesa pediulle que usase o deseño dun cabalo nos seus coches, suxerindo que lle daría boa sorte, mais a primeira carreira na que Alfa Romeo permitiulle o uso do cabalo nos coches da Scuderia foi once anos despois, nas 24 Horas de Spa en 1932. A Ferrari gañou.
Ferrari deixou o cabalo negro como no avión de Baracca; pero engadiu un fondo amarelo porque era a cor símbolo da súa terra natal, Módena.
Unha das imaxes da marca de Ferrari é a súa cor "rosso corsa" (vermello de carreira). A utilización desa cor iniciouse nos anos 20, cando a entidade que logo viría a ser a FIA, impuña que as marcas italianas tiñan que presentar cor vermella, as francesas azul, as alemás prateada, as holandesas laranxa, as belgas amarela, as inglesas verde e as norteamericanas branca.
O cabalo rampante non foi sempre identificado como só da marca Ferrari: Fabio Taglioni usouno nas súas motocicletas Ducati. O pai de Tagliani foi de feito compañeiro de Baracca e loitou con el no 91º Escuadrón Aéreo, mais mentres que a fama da Ferrari creceu, Ducati abandonou o cabalo; posiblemente como resultado dun acordo privado entre as dúas marcas.
En 1940 Alfa Romeo foi absorbida polo goberno de Mussolini e utilizada como porta-estandarte do seu goberno. Nesta época a Scuderia Ferrari, impedida de ingresar en competicións de automóbiles, pasa a construír accesorios para avións e pezas para máquinas.
Co final da segunda guerra mundial e a caída do réxime de Mussolini, é fundada a marca Ferrari, co lanzamento do seu primeiro modelo de estrada en 1947. O modelo lanzado ese ano foi o Ferrari 125 Sport cun motor V12 de 1500 cc.
En 1951 Ferrari consegue a súa primeira vitoria na Fórmula 1 e en 1956 o arxentino Juan Manuel Fangio gaña o campionato mundial ao volante dun Ferrari. Ese foi tamén un ano triste para Enzo Ferrari coa morte do seu fillo Dino.
En 1961 os tempos comezaron a ficar difíciles para Ferrari, despois de conflitos internos que levaron á saída de varios membros da dirección. A Ferrari, mesmo así, conseguiu alcanzar un gran número de vitorias en competición e agrandar o seu nome.
Na década de 1960 a Ford tentou comprar a Ferrari, para as competicións automobilísticas. Mais esa tentativa fallou e a Ford creou o Ford GT40 que conseguiu acabar co dominio da Ferrari nas 24 Horas de Le Mans, que gañara desde 1960 ata 1965.
Como resultado dos problemas financeiros que atravesaba Ferrari, a FIAT adquiriu parte da Ferrari en 1965 aumentándoa ao 50% en 1969.
Para conmemorar os 40 anos de existencia da Ferrari, en 1987 presentou o Ferrari F40, sendo ese o coche de estrada máis rápido do mundo ata o momento.
En 1988 morre Enzo Ferrari a idade de 90 anos e ese mesmo ano a FIAT aumenta o seu control ata o 90%.
En 1997 Ferrari adquire o 50% da Maserati á FIAT, pasando a ter o control total da marca en 1999. Ferrari utilizou a Maserati como a súa división de luxo até 2005, momento en que o control regresaría á FIAT.
Ferrari continuou a lograr grandes feitos nas competicións de automóbiles, conseguindo vencer na Fórmula 1, na categoría de construtores, de 1999 ata 2004 cos pilotos Michael Schumacher e Rubens Barrichello.
En 2003 a Ferrari, en memoria do seu fundador, presenta o Ferrari Enzo, un superdeportivo baseado na tecnoloxía utilizada na Fórmula 1.
Data | Serie | Descrición | Imaxe |
---|---|---|---|
Gran Turismo 2 asentos | |||
1949 | Ferrari 166 Inter | Foi o primeiro gran turismo de Ferrari. Unha evolución dos coches de competición 125 S e 166 S. O nome de Inter conmemora as vitorias dos modelos 166 S coa Scuderia Inter. Foron construídos 37 166 Inters desde 1948 ata 1950. | |
1950 | Ferrari 195 Inter | Presentado no Salón de París de 1950, era similar ós 166 Inter. Producíronse 24 unidades. | |
1951 | Ferrari 212 Inter | O Ferrari 212 Inter substituíu con éxito aos 166 e 195 Inter. Presentado no Salón do Automóbil de Bruxelas dese ano, o 212 era unha evolución do 166. Producíronse 82 unidades. | |
1953 | Ferrari 375 MM | Producíronse 26 unidades | |
1953 | Ferrari 250 Europa | Presentado en París en 1953, parecía completamente diferente. Pininfarina e Vignale deseñaron as carrozarías, con 21 producidas en total. | |
1953 | Ferrari 375 America | Outro coche Pinin Farina e Vignale. Os 340 e 375 eran caros e exclusivos, só foron construídos ao redor de 40. | |
1954 | Ferrari 250 Europa GT | Foi presentado no Salón do automóbil de París de 1954 e substituíu o 250 Europa. No principio era tamén chamado "250 Europa", pero pronto engadiuse "GT" para distinguir as dúas series. | |
1956 | Ferrari 410 Superamérica | Ferrari produciu outra liña de automóbiles de América, a partir do 1955, o 410 Superamerica. O motor tiña agora ata 5´0 l con 340 CV (250 kW 335 CV). Cada 410 Superamerica tiña carrocería personalizada, algúns de Boano e Ghia, pero a maioría de Pinin Farina. O prezo era moi alto nos Estados Unidos, 16.800 dólares. Só foron construídas 35 unidades. | |
1956 - 1963 | Ferrari 250 GT Europa/Boano/Ellena/Pininfarina Coupe/Lusso | O motor 250s, non era un gran motor, incluso para a época, pero o seu peso lixeiro e a impresionante saída (ata 300 PS (221 kW; 296 hp) no Testa Rossa e GTO) marcaron unha gran diferenza. O Ferrari V12 pesaba moitos quilos menos que os seus principais competidores. En canto á designación, Ferrari utilizou a capacidade de 1 cilindro como nome. | |
1957 - 1960 | Ferrari 250 GT Berlinetta/Cabriolet/California Spider/SWB | . Foi o primeiro Ferrari GT con freos de disco, e a combinación de baixo peso, alta potencia e suspensión ben ordenados logrou unha oferta competitiva. | |
1960 | Ferrari 400 Superamerica | O 400 Superamerica tiña un motor Colombo máis pequeno de 4.0 L, pero máis potente que o seu predecesor. Estaba dispoñible como coupé, spider ou cabriolet con carrozaría Pinin Farina. Foron construídas 47 unidades. | |
1974 - 1975 | Ferrari 275 GTB Coupe | Pertence ó segmento de deportivos con motor dianteiro V12, tracción traseira e dous asentos. O motor de 3'3 litros ten 300 cabalos de potencia. | |
1964 - 1965 | Ferrari 275 GTS Spider | Pininfarina construíu 200 275 Roadster GTS para o mercado estadounidense (incluíndo 14 co volante á dereita) con carrocería totalmente diferente. Foi pensado para ser máis dun coche GT e menos un coche deportivo que o seu irmán GTB. | |
1966 - 1968 | Ferrari 275 GTB/4 | Presentado no Salón de París en outubro de 1966, o 275 GTB/4 (ou 4-cam) era un coche actualizado substancialmente; construído por Scaglietti, contou cunha nova carrocería e foi o primeiro Ferrari que non se ofreceu con pinas de radios. | |
1964 | Ferrari 500 Superfast | Foi o final da serie América. O motor era de 5´0 L V12 Ferrari Colombo, cunha velocidade de 275 km/h. A carrocería era de Pininfarina. Fixéronse 37 coches ata 1966, incluíndo 12 modelos da serie "II", cunha transmisión de 5 velocidades. | |
1966 | Ferrari 330 GTC | O GTC 330 e GTS 330 parecíanse máis aos 275 que aos 330 GT 2+2. Compartiron a curta distancia entre eixes do 275, así como a súa suspensión traseira independente. | |
1966 -1968 | Ferrari 330 GTS | O GTS spider foi presentado no Salón do Automóbil de París. Producíronse ao redor de 600 coupés e 100 spiders. | |
1966 | Ferrari 365 California | Só foron construídos 14 roadsters, incluíndo dous co volante á dereita. | |
1968 - 1969 | Ferrari 365 GTC | Foi o substituto do 330 GTC. As diferenzas limitáronse a mover os respiradoiros desde detrás das rodas dianteiras para o capó. Foron construídas 150 unidades. | |
1969 - 1970 | Ferrari 365 GTS | Foi o substituto do 330 GTS. Presentou os mesmos cambios de estilo que o coupé. Só foron construídas 20 unidades. | |
1968 - 1973 | Ferrari 365 GTB4 | Máis coñecido polo nome non oficial de Ferrari Daytona, é un automóbil de Gran Turismo producido desde 1968 ata 1973. Foi presentado por primeira vez ao público no Salón do Automóbil de París en 1968 e substituíu o 275 GTB/4 | |
1968 | Ferrari 365 GTS/4 Spider | Fabricáronse 122 spiders na fábrica (das cales 7 son con volante á dereita) feitos por Scaglietti. | |
1996 - 2001 | Ferrari 550 Maranello | Pertence ó segmento de deportivos con motor dianteiro, tracción traseira e dous asentos. O motor de 5'5 litros ten 485 cabalos de potencia. | |
2001 | Ferrari 550 Barchetta | Ferrari presentou unha versión convertible do 550 no Salón de París en 2000. O Barchetta foi un verdadeiro roadster sen capota. A fábrica proveu unha capota de lona, pero foi deseñado só para uso temporal como se advertiu contra o uso da parte superior por encima de 110 km/h. Producíronse un total de 448 Barchettas. | |
2002 - 2006 | Ferrari 575M Maranello | Pertence ó segmento de deportivos con motor dianteiro, tracción traseira e dous asentos. O motor de 5'7 litros ten 515 cabalos de potencia. | |
2005 | Ferrari 575M Superamerica | Versión innovadora do convertible do 575M Maranello, contou cun teito electrocrómico un panel de cristal que viraba 180° na parte traseira e se deitaba sobre o maleteiro. Ferrari comercializouno como o convertible máis rápido do mundo, cunha velocidade máxima de 320 km/h.
Un total de 559 Superamericas foron construídos, |
|
2006 - 2012 | Ferrari 599 | Pertence ó segmento de deportivos con motor dianteiro, tracción traseira e dous asentos. O motor de 6'0 litros ten 620 cabalos de potencia. | |
2013 - 2017 | Ferrari F12berlinetta | Pertence ó segmento de deportivos con motor dianteiro, tracción traseira e dous asentos. O motor de 6'3 litros ten 610 cabalos de potencia. | |
Motor central V6/V8 | |||
1968 – 1969 | Ferrari Dino 206 GT | Foi o primeiro coche vendido por Ferrari, que utiliza un sistema de acendido electrónico. Tamén foi o primeiro produto de Ferrari cunha dirección de piñón e cremalleira directa. O 206 tiña unha velocidade máxima de 146,235 km/h. Construíronse
152 unidades en total. |
|
1969 - 1974 | Ferrari 246 GT | Pertence ó segmento de deportivos con motor traseiro e tracción traseira. O motor de 2'4 litros ten 195 cabalos de potencia. | |
1972 - 1974 | Ferrari Dino 246 GTS | O GTS era unha versión spider, fabricáronse 1274 GTS. | |
1975 - 1979 | Ferrari 308 GTB | Pertence ó segmento de deportivos con tracción traseira. O motor de 2'9 litros ten 255 cabalos de potencia. | |
1980 - 1986 | Ferrari 208 GTB/GTS | Debido aos impostos nos motores de máis de 2 litros, montaron un motor de 1.991 cc, un dos motores V8 máis pequenos xamais producidos. Os 208 só producían 155 CV (116 kW) e tiñan un rendemento decepcionante, especialmente para un Ferrari. A partir de 1982 engadíuselles un turbo e aumentou a potencia a 220 CV (164 kW), a produción terminou en 1986 logo de fabricar 437 GTB turbo e 250 GTS turbo. | |
1980 - 1981 | Ferrari 308 GTBi/GTSi | Foille engadida unha inxección mecánica de combustible Bosch K-Jetronic nos 308 GTBi e GTSi, quedando con só 214 cabalos de forza (160 kW), pero diminuíndo as emisións. | |
1986 - 1989 | Ferrari 328 GTB/GTS | Os Ferrari 328 GTB e GTS foron os sucesores dos Ferrari 308 GTB e GTS. | |
1989 - 1994 | Ferrari 348 | Pertence ó segmento de deportivos con tracción traseira. O motor de 3'4 litros ten 300 cabalos de potencia. | |
1994 - 1999 | Ferrari F355 | Pertence ó segmento de deportivos con motor central e tracción traseira. O motor de 3'5 litros ten 380 cabalos de potencia. | |
1999 - 2004 | Ferrari 360 | Pertence ó segmento de deportivos con motor central e tracción traseira. O motor de 3'6 litros ten 400 cabalos de potencia. | |
2005 | Ferrari F430 | Pertence ó segmento de deportivos con motor central e tracción traseira. O motor de 4'3 litros ten 490 cabalos de potencia. | |
2007 | Ferrari 430 Scuderia | Como o sucesor do Challenge Stradale, o 430 Scuderia (scuderia significa "corte de cabalos", pero tamén se utiliza no contexto dos equipos de carreiras de motor, incluíndo a propia Ferrari) foi presentado por Michael Schumacher en 2007 no Frankfurt Auto Show. | |
2009 | Ferrari Scuderia Spider 16M | Para conmemorar a 16ª vitoria de Ferrari no Campionato do Mundo de Fórmula 1 de Construtores de 2008, presentou a Scuderia Ferrari Spider 16M en Mugello. Trátase dunha versión convertible do 430 Scuderia. | |
2010 - 2015 | Ferrari 458 Italia | Pertence ó segmento de deportivos con motor central e tracción traseira. O motor de 4'5 litros ten 578 cabalos de potencia. | |
2015 - 2020 | Ferrari 488 Italia | Pertence ó segmento de deportivos con motor central e tracción traseira. O motor de 3'9 litros ten 485 cabalos de potencia. | |
Motor central 2+2 | |||
1974 – 1975 | Ferrari Dino 308 GT4 | O 308 GT4 2+2 foi un modelo innovador para Ferrari en varios aspectos: foi o primeiro Ferrari de produción con motor central V8, e foi o primeiro Ferrari de produción en ofrecer unha carrozaría Bertone (no canto de Pininfarina). Pininfarina estaba molesto pola decisión de dar o deseño ao seu rival Bertone, tendo en conta todo o que fixeran por Ferrari. Véndese con credencialización "Dino" (continuando a marca Dino para diferencialos dos non V12) ata maio de 1976, cando todos os emblemas substituíronse pola credencialización "Ferrari". | |
1976 – 1980 | Ferrari 308 GT4 | O 308 GT4 2+2 foi un modelo innovador para Ferrari en varios aspectos: foi o primeiro Ferrari de produción con motor central V8, e foi o primeiro Ferrari de produción en ofrecer unha carrozaría Bertone (no canto de Pininfarina). Pininfarina estaba molesto pola decisión de dar o deseño ao seu rival Bertone, tendo en conta todo o que fixeran por Ferrari. | |
1975 - 1980 | Ferrari 208 GT4 | Presentado no Salón do Automóbil de Xenebra en 1975, o 208 GT4 2 2 foi unha versión de baixa cilindrada do V8 producida para o mercado italiano, onde había unha rebaixa de impostos nos coches de 2 litros. | |
1980 - 1993 | Ferrari Mondial | O nome de "Mondial" veu do famoso coche de carreiras 500 Mundial da década de 1950. Deseñado po Pininfarina fabricáronse 6.884 unidades e foi un dos modelos de maior éxito comercial de Ferrari. | |
Motor frontal 2+2 | |||
1960 - 1963 | Ferrari 250 GT/E 2+2 | A primeira gran produción de catro prazas de Ferrari, antes fixéranse en cantidades moi pequenas. O espazo interior incrementouse ao mover o motor cara a adiante no chasis. Foron construídos case 1000 GT/E por Pininfarina. | |
1964 - 1967 | Ferrari 330 GT 2+2 | Foi o substituto do 250 GTE, cun novo motor, morro máis agudo, faros cuádruplos e unha gran grella. | |
1967 - 1971 | Ferrari 365 GT 2+2 | Foi un coche de luxo con asentos de coiro, dirección asistida e freos, alzavidros eléctricos e aire acondicionado opcional. Rapidamente converteuse no modelo máis vendido da compañía con preto de 800 producidos en catro anos, 52 dos cales foron fabricados con volante á dereita. | |
1971 - 1972 | Ferrari 365 GTC/4 | Aínda que non é xeralmente recoñecido como un verdadeiro "Daytona", o 365 GTC/4 de 1971 utiliza o mesmo chasis. A súa carrozaría coupé de Pininfarina encerra catro asentos, pero os asentos traseiros son pequenos e a fiestra traseira é inclinada. Fabricáronse 500 unidades en dous anos. | |
1972 - 1976 | Ferrari 365 GT4 2+2 | Presentado en París contou cunha carrozaría totalmente nova con pouco parecido co Daytona aínda que a mecánica, incluíndo a motor mantívose. | |
1976 - 1989 | Ferrari 400 | Foi o primeiro Ferrari en ter unha transmisión automática. engadiuse un beizo para o spoiler dianteiro e catro pilotos traseiros no canto de seis. Producíronse un total de 502 unidades (355 automáticos/147 manuais). | |
1992 - 2003 | Ferrari 456 | Pertence ó segmento de deportivos de luxo con catro asentos e motor dianteiro V12. O motor de 5'5 litros ten 436 cabalos de potencia. | |
2004 - 2011 | Ferrari 612 Scaglietti | Pertence ó segmento de deportivos de luxo con catro asentos e motor dianteiro V12. O motor de 5'75 litros ten 540 cabalos de potencia. | |
2009 -2018 | Ferrari California | Pertence ó segmento de coupés deportivos con 2+2 asentos e motor dianteiro V8. O motor de 4'3 litros ten 453 cabalos de potencia. | |
2011 - 2016 | Ferrari FF | Pertence ó segmento de deportivos de luxo con catro asentos e motor dianteiro V12. O motor de 6'3 litros ten 660 cabalos de potencia. FF significa "Ferrari Four", de catro prazas e tracción ás catro rodas. | |
2016 - 2020 | Ferrari GTC4 Lusso | Sucesor do FF. Pertence ó segmento de deportivos con motor dianteiro, tracción traseira e catro asentos. O motor de 6'3 litros ten 730 cabalos de potencia. | |
Motor central 12cilindros | |||
1973 - 1976 | Ferrari 365 GT4 BB | Foi o primeiro "Berlinetta Boxer" (BB). Deseñado por Pininfarina para competir co Lamborghini Miura. Fabricáronse 387 unidades, dos cales 88 tiñan o volante á dereita. | |
1976 - 1981 | Ferrari 512 BB | Actualización do 365 GT4 BB, as principais diferenzas eran un novo spoiler dianteiro, os pneumáticos traseiros máis anchos, aberturas de ventilación lateral que canalizan o aire para os freos, catro tubos de escape e catro loces de cola (no canto de seis). Producíronse 929 unidades do 512 BB. | |
1981 - 1984 | Ferrari 512i BB | Foi o último da serie. O motor de inxección de combustible producía emisións máis limpas e ofrecía un mellor equilibrio entre rendemento e temperamento. Producíronse 1007 unidades, | |
1984 - 1992 | Ferrari Testarossa | O nome Testarossa, que significa "cabeza vermella" en italiano, vén da cámara pintada de vermello cobre o motor 12 en liña | |
1992 - 1994 | Ferrari 512 TR | O Ferrari 512 TR pode acelerar desde 0 ata 97 quilómetros por hora (60 mph) en 4´90 segundos e ata 161 km/h (100 mph) en 10´70 segundos. A velocidade máxima do 512 TR é de 314 quilómetros por hora. | |
1994 - 1996 | Ferrari 512 M | O 512 M foi a última versión do Testarossa. Fabricáronse 500 vehículos en total, dos cales 75 foron con volante á dereita | |
Superdeportivos | |||
1962 - 1964 | Ferrari 250 GTO | Pertence ó segmento de deportivos con motor dianteiro 12V, tracción traseira e dous asentos. O motor de 2'9 litros ten 302 cabalos de potencia. Producíronse 36 unidades | |
1964 - 1966 | Ferrari 250 LM | O motor central do 250 Le Mans parecía un prototipo de carreiras, pero estaba destinado a ser producido como un GT de estrada. Descendente do 250 P, o Le Mans apareceu en 1963 e tiña carrozaría de Pininfarina. Ferrari non puido construír os 100 exemplares necesarios para homologalo como coche de carreiras de GT da FIA. Construíronse 32 LMs ata 1965. | |
1984 -1985 | Ferrari 288 GTO | Foi unha versión especial do Ferrari 308 GTB para a competición. Pertence ó segmento de superdeportivos con motor traseiro V8, tracción traseira e 2 asentos. O motor de 2'9 litros ten 400 cabalos de potencia. | |
1987 - 1992 | Ferrari F40 | Pertence ó segmento de superdeportivos con motor traseiro V8, tracción traseira e 2 asentos. O motor de 2'9 litros ten 471 cabalos de potencia. Foi creado para competir co Porsche 959 no grupo B das competicións deportivas da FIA, e bautizado F40 polo 40º aniversario da fábrica. | |
1995 - 1997 | Ferrari F50 | Pertence ó segmento de superdeportivos, conta cun motor de 4´7 litros atmosférico 60-válvula V12 con 520 cabalos de potencia, que se desenvolveu desde o 3´5 L V12 utilizado no Ferrari F92A de Fórmula Un de 1992. Fabricáronse 349 coches. | |
1996 | Ferrari F50 GT | O Ferrari F50 GT (tamén coñecido como Ferrari F50 GT1) era un derivado de Ferrari F50, destinado a ser utilizado nas BPR Global GT Series. Con todo, Ferrari decidiu non poñer o F50 GT en produción, e só vendéronse tres coches ao público. | |
2003 - 2005 | Ferrari Enzo | O Enzo Ferrari é unha berlinetta con motor central V12 que leva o nome do fundador da compañía, Enzo Ferrari. Foi construído en 2002 usando a tecnoloxía dun Fórmula Un. | |
2010 - 2012 | Ferrari 599 GTO | O coche é unha versión de estrada do 599XX e Ferrari di que o 599 GTO é o coche de estrada máis rápido, afirma que o 599 GTO pode alcanzar 100 km/h en menos de 3´35 segundos e ten unha velocidade máxima de máis de 335 kmh. A produción está limitada a 599 coches. | |
2013 - 2016 | Ferrari LaFerrari | LaFerrari (tamén coñecido como F150 ou F70) é un automóbil superdeportivo híbrido de edición limitada. O automóbil e o seu nome definitivo foron revelados oficialmente no Salón do Automóbil de Xenebra 2013. É un bipraza con carrocería cupé de dúas portas, equipado con motor central traseiro lonxitudinal e tracción traseira. É o sucesor da Ferrari Enzo, e fabricáronse 499 unidades do modelo. | |
2016 - 2018 | Ferrari LaFerrari Aperta | LaFerrari Aperta é un automóbil superdeportivo híbrido de edición limitada. O automóbil e o seu nome definitivo foron revelados oficialmente no Salón do Automóbil de París de 2016. É un bipraza con carrocería cupé de dúas portas, equipado con motor central traseiro lonxitudinal e tracción traseira. Inicialmente, vendéronse 200 coches con nove máis reservados para o seu uso durante as celebracións do 70 aniversario de Ferrari. Máis tarde vendeuse unha unidade máis en poxa. | |
Modelos especiais e prototipos | |||
1962 | Ferrari 250GT SWB Breadvan | Foi construído para competir nas 24 Horas de Le Mans e outras carreiras do Campionato do Mundo FIA Sportscar. Piero Drogo desenvolveu un corpo aerodinámico avanzado, coa liña do teito estendido ata o extremo posterior seguindo a teoría aerodinámica Kamm. | |
1970 | Ferrari Modulo | O Ferrari 512 S Modulo é un prototipo deseñado por Paolo Martin da Carozzeria Pininfarina. Ten un corpo extremadamente baixo, cun teito de estilo pavillón que se desliza cara a adiante para permitir a entrada á cabina. As catro rodas están parcialmente cubertas. | |
1980 | Ferrari Pinin | O Ferrari Pinin foi un concept car único creado polo estudo de deseño Pininfarina, para celebrar o 50 aniversario dos estudos de deseño. O coche segue sendo un modelo singular, o primeiro Ferrari de catro portas que se construíu. | |
1989 | Ferrari Mythos | O Mythos era un coche de motor central, tracción traseira deseñado por Pininfarina e producido por Ferrari en 1989. O deseño radical levouse a cabo sobre a base do Ferrari Testarossa, que dita a forma de cuña do coche e a gran toma de aire diante das rodas traseiras. | |
1993 | Ferrari FZ93 | O FZ93 (Fórmula Zagato 93) foi deseñado por Ercole Spada, era unha continuación da serie de especiais de Ferrari Zagato | |
1995 | Ferrari FX | O Ferrari FX foi feito a medida para o 29 de Sultan de Brunei por Pininfarina. Fabricáronse só sete coches, seis dos cales foron entregados á familia real de Brunei. O outro está agora en exhibición no Museo Marconi en Tustin, California. | |
2005 | Ferrari FXX | FXX é a versión ultradeportiva do Ferrari Enzo (sucesor do Ferrari F50), concibida por Giuseppe Petrotta. A súa velocidade máxima é de 386 km/h, entrando así no vedado terreo dos cinco coches máis rápidos do mundo. Só ten un asento (monopraza), e non está homologado nin para circular pola rúa nin para competición. | |
2006 | Ferrari P4/5 | O Ferrari P4/5 (oficialmente coñecido como Ferrari P4/5 by Pininfarina) é un único automóbil deportivo feito por Ferrari e redeseñado por Pininfarina para o director de cine e magnate James Glickenhaus. O coche era un Ferrari Enzo, pero o propietario, James Glickenhaus, preferiu o deseño dos coches de carreiras Ferrari dos anos 1960, os Serie P. O custo deste proxecto para Glickenhaus foi de 4 millóns de dólares estadounidenses. | |
Tipo | Anos 1940 | Anos 1950 | Anos 1960 | |||||||||||||||||||
7 | 8 | 9 | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | |
Deportivos | 125 S | 166 S | 195 S | 212 Exp | 225 S | 250 MM | 250 Monza | 250 GT Tour de France | 250 GT SWB | 250 GTO | 250 LM | |||||||||||
159 S | 250 S | 250 Export | ||||||||||||||||||||
GT | 166 Inter | 195 Inter | 212 Inter | 250 Europa | 250 GT Europa | 250 GT Boano | 250 GT Ellena | 250 GT Coupe PF | 250 GT Lusso | 330 GTC | 365 GTC | |||||||||||
275 GTB | 275 GTB/4 | |||||||||||||||||||||
Convertibles | 250 GT | 275 GTS | 330 GTS | 365 GTS | ||||||||||||||||||
2+2 | 250 GT/E | 330 GT | 365 GT | |||||||||||||||||||
America | 340 America | 375 America/MM | 410 Superamerica | 400 Superamerica | 500 Superfast | 365 California |
Tipo | Anos 1960 | Anos 1970 | Anos 1980 | Anos 1990 | Anos 2000 | Anos 2010 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 0 | |||||||||||
FR/FMR | GT | 250 | 275 | 365 GTB/4 Daytona | 550 | 575M | 599 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
America | 330 | 365 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2+2 | 250GT | 330GT | 365GT | GTC/4 | GT4 | 400 | 400i | 412 | 456 | 456 M | 612 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
V8 | California | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
RMR | V6/V8 | Dino 206 | Dino 246 GT | 308GTB | 308i | 308 QV | 328 | 348 | 360 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
246 GTS | 308 GTS | 208 | 208 Turbo | GTB/GTS Turbo | F355 | F430 | F458 Italia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2+2 | Dino GT4 | Mondial 8 | Mondial QV | 3.2 Mondial | Mondial t | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
bóxer-12 | 365BB | 512 BB | 512i BB | Testarossa | 512TR | F512M | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Modelo halo | 250 GTO | 250 LM | 288 GTO | F40 | F50 | Ferrari Enzo | FXX | FXX Evolution | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
F50 GT |
<noinclude>
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.