Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Na mitoloxía e o folclore, un heroe (home) ou heroína (muller) é un personaxe eminente que encarna a quintaesencia dos trazos claves valorados na súa cultura de orixe. Comunmente o heroe posúe habilidades sobrehumanas ou trazos de personalidade idealizados que lle permiten levar a cabo fazañas extraordinarias e beneficiosas («actos heroicos») polas que se fai famoso (compárese co vilán).
Unha persoa convértese en heroe ao realizar unha fazaña extraordinaria e digna de eloxio. As fazañas tradicionais son exterminar monstros e salvar a xente dunha morte segura. Un heroe normalmente satisfai as definicións do que se considera bo e nobre na súa cultura de orixe. Así e todo, na literatura e especialmente nas traxedias, o heroe pode tamén ter graves defectos que o levan á perdición, coma no caso de Hamlet.
Ás veces unha persoa real pode atinxir suficiente prestixio como para converterse nun heroe na mente da xente. Isto adoita ir acompañado dun rápido aumento dos mitos sobre a persoa en cuestión, a miúdo atribuíndolle poderes superiores aos dos mortais correntes.
Algúns comentaristas sociais prescriben a necesidade de heroes en épocas de axitación social e falta de confianza nacional, vista como unha necesidade de modelos de conduta virtuosos. Tal forma de crear mitos pode funcionar mellor no pasado: as tendencias actuais pode confundir aos heroes e o seu culto co culto á simple celebridade.
Os heroes máis coñecidos achéganse ao status de deuses nalgunhas culturas. A palabra heroe procede do grego antigo (ἥρως hērōs), que describe o heroe cultural que aparece na mitoloxía. Os heroes gregos eran con frecuencia personaxes mitolóxicos, fundadores epónimos de cidades, estado e territorios gregos. Estes heroes mitolóxicos non sempre eran modelos de conduta ou posuían virtudes heroicas; moitos eran semideuses, fillos de mortais e deuses. A época na que os heroes desta clase estiveron presentes e na que se sitúan as historias da mitoloxía grega coñécese con frecuencia como a «idade heroica», que termina pouco despois da Guerra de Troia, cando os lendarios combatentes volveron aos seus fogares ou marcharon ao exilio.
O heroe clásico adoita ter o que Lord Raglan denominou unha «biografía cultivada» composta dunhas dúas ducias de tradicións comúns que ignoraban a liña que separa o feito histórico do mito. Por exemplo, as circunstancias da súa concepción son infrecuentes, un home poderoso intenta matalo ao nacer, é raptado e criado por pais adoptivos nun país afastado. Rutineiramente o heroe atopa unha morte misteriosa, a miúdo no cume dun outeiro; o seu corpo non é soterrado, non deixa sucesores e ten un ou máis sepulcros sagrados.
Na maioría das relixións indíxenas europeas aparecen heroes dalgunha forma. Os heroes xermánicos, helénicos e romanos, xunto cos seus atributos e formas de adoración, foron amplamente absorbidos polas confesións ortodoxa e católica do Cristianismo, constituíndo a base da actual adoración aos santos.
Na ópera e o teatro musical, o heroe e a heroína adoitan ser interpretados por un tenor e unha soprano (personaxes máis vulnerables son interpretados por voces líricas mentres os máis fortes sono por voces graves ou dramáticas).
En filmes modernos, o heroe é a miúdo simplemente unha persoa corrente tratada inxustamente pola sociedade que termina prevalecendo.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Heroe |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.