Ferrari Enzo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Enzo Ferrari é unha berlinetta con motor central V12 que leva o nome do fundador da compañía, Enzo Ferrari. Foi construído en 2002 usando a tecnoloxía dun Fórmula Un, cunha carrozaría de fibra de carbono, transmisión de cambio electro hidráulico estilo F1, fibra de carbono reforzada con carburo de silicio (C / SiC) e disco de freos de cerámica. Tamén se utilizan tecnoloxías non permitidas en F1, como a aerodinámica activa e o control de tracción. Cun downforce de 7600N alcanza os 300 km/h. O alerón traseiro é accionado por ordenador para manter a carga aerodinámica. [Cómpre referencia]
Ferrari Enzo | |
![]() | |
Deseño | Ken Okuyama - Pininfarina |
Produción | 2002 - 2004 |
Montaxe | Maranello Italia |
Configuración | |
Tipo | Superdeportivo |
Carrozaría | Berlinetta |
Dimensións | |
Peso | 1365 kg |
Características técnicas | |
Motor | 6.0 L V12 |
Modelos relacionados | |
Relacionado | Ferrari FXX |
Antecesor | F50 |
Sucesor | FXX |
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b5/Ferrari_Enzo_Engine.jpg/640px-Ferrari_Enzo_Engine.jpg)
O Enzo V12 foi o primeiro dunha nova xeración de Ferrari. Baséase no Quattroporte V8 da súa compañía irmá Maserati. Este deseño substituíu as antigas bases V12 e V8 utilizadas na maioría dos Ferraris contemporáneos. En 2005, o F430 foi o segundo Ferrari de obter unha versión deste novo motor.