Estevo Uroš IV Dušan
emperador e autócrata deis serbios, gregos, búlgaros e albaneses / From Wikipedia, the free encyclopedia
Estevo Uroš IV Dušan[1] o Poderoso (en serbio latino Stjepan Uroš IV Dušan Silni, serbio cirílico Стефан Урош IV Душан Силни) nado aproximadamente en 1308 e finado o 20 de decembro de 1355, foi rei de Serbia desde o 8 de setembro de 1331 e emperador dos Serbios e os Gregos desde o 16 de abril de 1346 até a súa morte.
Nome orixinal | (sr) Стефан Урош IV Душан |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 26 de xullo de 1308 valor descoñecido (Reino de Serbia) |
Morte | 20 de decembro de 1355 (47 anos) Distrito de Devoll (Imperio serbio) |
Causa da morte | peste |
Lugar de sepultura | Igreja de São Marcos (Belgrado) (pt) (1927–) 44°48′37″N 20°28′08″L Monastery of the Holy Archangels (en) (–1927) |
Monarca Serbia | |
8 de setembro de 1331 – 16 de abril de 1346 ← Estevo Uroš III Dečanski – Estevo Uroš V → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Serbia |
Relixión | Igrexa ortodoxa serbia |
Actividade | |
Ocupación | gobernante , líder militar |
Lingua | Lingua latina e lingua serbia |
Outro | |
Título | Rei |
Familia | Casa de Nemanjić |
Cónxuxe | Helena da Bulgária |
Fillos | Estevo Uroš V, Q12747963 |
Pais | Estevo Uroš III Dečanski e Teodora Smilets da Bulgária (pt) |
Irmáns | Simeón Uroš, Jelena Nemanjić Šubić (en) e Theodora Nemanjić (en) |
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Dušan logrou conquistar gran parte do Europa, converténdose nun dos monarcas máis poderosos do seu tempo. Promulgou a Constitución do Imperio serbio no Código de Dušan, unha das obras máis importantes da Serbia medieval.
Promoveu a Igrexa Ortodoxa serbia dun arcebispado a un patriarcado, terminou a construción do mosteiro de Visoki Dečani e fundou o mosteiro dos Santos Arcanxos, así como outros.
Baixo o seu goberno Serbia chegou ao seu cénit territorial, económico, político e cultural, e a súa morte en 1355 está considerada como o fin da resistencia cristiá ao avance do Imperio Otomán, e da caída posterior da Igrexa Ortodoxa oriental na rexión.
A súa coroa gárdase actualmente no mosteiro de Cetinje, en Montenegro.
A vida súa como gobernante transcorreu nun panorama político complicado e turbulento. Os serbios vivían o avance dos turcos otománs por Anatolia cara aos restos do decadente imperio de Constantinopla, herdeiro do Imperio bizantino.
Ao mesmo tempo, no norte, os húngaros aparecían como unha nación emerxente en Europa, até o punto de competir, e mesturarse, co Sacro Imperio Romano Xermánico.
O resto dos Balcáns era un caos político, dividido en catro potencias principais: o Despotado de Epiro, os antigos ducados francos de Acaia e Atenas, o Imperio búlgaro e as posesións venecianas.
Morea e Tracia seguían pertencendo ao imperio grego, mentres que o norte de Macedonia disputábase entre os bizantinos, os búlgaros e os serbios.