lingua da familia de linguas urálicas From Wikipedia, the free encyclopedia
O húngaro[2] e unha lingua da familia fino-úgrica. Fálase en Hungría e áreas adxacentes de Romanía, Serbia, Eslovaquia, Croacia, Austria e Eslovenia. O nome da lingua en húngaro e Magyar. Dos 14,5 millóns de falantes, uns 10 millóns viven na Hungría. O pobo que orixinou a lingua, os maxiares, emigraron dos Montes Urais no século IX para o oeste, fixándose na actual Hungría.
Húngaro Magyar | ||
---|---|---|
Falado en: | Hungría, e minorías en Austria, Israel, Romanía, Eslovaquia, Eslovenia, Ucraína, Serbia | |
Rexións: | Europa oriental | |
Total de falantes: | 14,5 millóns | |
Posición: | 66 | |
Familia: | Urálica Fino-Úgrica Úgrica Húngaro | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Hungría Voivodina (Serbia) Unión Europea | |
Regulado por: | Instituto de Investigación de Lingüística da Academia Húngara de Ciencias | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | hu | |
ISO 639-2: | hun | |
ISO 639-3: | hun
| |
SIL: | HNG
| |
Mapa | ||
Status | ||
O húngaro pertence ao grupo das linguas ugrofinesas da familia das linguas urálicas, máis especificamente, dentro do subgrupo das linguas ugrias. Xunto co estoniano, o éuscaro e o finés, pertence ao grupo das linguas europeas que non son da familia das linguas indoeuropeas, coas que tamén comparte o trazo tipolóxico de ser unha lingua aglutinante.
Esta é a teoría aceptada entre os lingüistas profesionais, se ben existen outras que pretenden emparenta-lo co turco polas semellanzas que comparten, ou co huno; porén, a maioría desas teorías alternativas non ten fundamento lingüístico algún, polo tanto non son aceptadas pola Academia Húngara de Ciencias, sendo consideradas pseudocientíficas.
O húngaro é a lingua oficial de Hungría, polo que posúe un status de lingua oficial da Unión Europea.
O húngaro tamén é lingua oficial da rexión serbia de Voivodina e en tres concellos de Eslovenia: Hodoš, Dobrovnik e Lendava.
A lingua húngara é considerada unha lingua minoritaria ou lingua rexional en Austria, Croacia, Romanía, Bucovina e Zakarpattia na Ucraína, e en Eslovaquia.
Na Romanía e na Eslovaquia, a lingua húngara ten status oficial naquelas vilas e concellos cunha poboación de etnia húngara maior do 20% da poboación total.
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
O húngaro fálase como lingua materna nos seguintes países:
País | Falantes |
---|---|
Hungría | 10 millóns(censo do 2001 Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine.) |
Romanía (principalmente na Transilvania) | 1 443 970 (censo do 2002) |
Eslovaquia | 520.528 (censo do 2001) |
Serbia (principalmente en Vojvodina) | 293.299 (censo do 2002) |
Ucraína (principlamente no óblast de Zakarpattia) | 149,400 (censo do 2001) |
Estados Unidos | 117.973 (censo do 2000) |
Canadá | 75.555 (censo do 2001 Arquivado 13 de febreiro de 2008 en Wayback Machine.) |
Israel | 70.000 |
Austria (principalmente no estado de Burgenland) | 22.000 |
Croacia | 16.500 |
Eslovenia | 9.240 |
Total | 12-13 millóns |
No mundo viven arredor de nove millóns de falantes de húngaro, salientando, ademais dos países mencionados ao comezo do artigo, a Arxentina, Australia, Bélxica, Brasil, Canadá, na República Checa, Finlandia, Francia, Alemaña, nos Países Baixos, Italia, Suíza, no Reino Unido, nos Estados Unidos e en Venezuela.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.