Macedonia (rexión histórica)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Macedonia é unha rexión xeográfica e histórica da Europa suroriental que desde hai séculos permaneceu dividida en varias rexións e estados.
O termo "Macedonia" foi fonte de confusión e de debate debido aos porque se usou para nomear, ao longo do tempo, múltiplas e diversas áreas xeográficas, políticas, históricas, lingüísticas e demográficas. Os diversos grupos étnicos que viven na zona denominaron da mesma maneira a diversas entidades e de diferentes formas a unha única entidade, o que xera problemas tanto para os seus habitantes como para os estranxeiros.
Historicamente, a rexión estivo marcada polos continuos cambios políticos durante a historia da península Balcánica. En canto á xeografía, non existe unha definición clara dos límites da rexión e os nomes das súas subdivisións non son aceptadas nin por académicos nin polos seus propios habitantes. No caso da demografía, na zona habitan principalmente catro grupos étnicos, tres dos cales autodefínense como "macedonios": un grupo sudeslavo, que o fai a nivel nacional, e un búlgaro e outro grego, que o fan a nivel rexional. Lingüisticamente, os nomes e orixes das linguas faladas na zona son tema de gran controversia, mentres que no mundo político, o uso do nome de Macedonia xerou incluso unha intensa disputa diplomática entre os estados de Grecia e Macedonia do Norte, conflito que se mantén sen solución definitiva a pesar da intervención das Nacións Unidas.
Máis alá da natureza histórica e sen fronteiras da rexión, Macedonia pode considerarse sen ambigüidades como o corazón dos Balcáns. A raíz diso, a razón da variedade de nomes e definicións poden resumirse nas palabras de Winston Churchill: "A rexión dos Balcáns ten a tendencia a producir máis historia da que pode consumir".[1]
- Véxase tamén: Macedonia (terminoloxía) e Conflito polo nome Macedonia.