especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
A espinaca[1][2] (Spinacia oleracea) é unha planta cultivada da familia Amaranthaceae, anteriormente incluída na familia Chenopodiaceae.
Espinaca | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Spinacia oleracea | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Spinacia oleracea L. |
Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 97 kJ (23 kcal) |
3.6 g | |
Azucres | 0.4 g |
Fibra alimentaria | 2.2 g |
0.4 g | |
2.9 g | |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Vitamina A equiv. | 59% 469 μg52% 5626 μg12198 μg |
Vitamina A | 9377 IU |
Tiamina (B1) | 7% 0.078 mg |
Riboflavina (B2) | 16% 0.189 mg |
Niacina (B3) | 5% 0.724 mg |
Vitamina B6 | 15% 0.195 mg |
Ácido fólico (B9) | 49% 194 μg |
Vitamina C | 34% 28 mg |
Vitamina E | 13% 2 mg |
Vitamina K | 460% 483 μg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 10% 99 mg |
Ferro | 21% 2.71 mg |
Magnesio | 22% 79 mg |
Manganeso | 43% 0.897 mg |
Fósforo | 7% 49 mg |
Potasio | 12% 558 mg |
Sodio | 5% 79 mg |
Cinc | 6% 0.53 mg |
Outros constituíntes | Cantidade |
Auga | 91.4 g |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. Fonte: Base de datos USDA Nutrient |
Trátase dunha planta anual cultivada como verdura polas súas follas comestíbeis, grandes e de cor verde moi escura. Semella que a súa orixe é asiática, persiana, foi introducida na Península Ibérica polos árabes no século XI, espallándose por toda Europa no século XV. Cultívase durante todo o ano e se pode consumir fresca, cocida ou frixida. Ten un elevado valor nutricional e carácter regulador, polo seu alto contido en auga e riqueza en vitaminas e minerais. O cultivo desenvólvese fundamentalmente ao ar libre en regadío. Non necesita de coidados excesivos para gozarmos de todas as súas propiedades. A espinaca pódese clasificar segundo dous criterios: -Segundo a época de recolección atoparemos variedades de verán e de inverno. -Segundo a forma da folla, poden ser rizadas ou lisas.
O seu nome galego espinaca (en portugués espinafre) semella que provén do persiano aspanakh a través do árabe isbinakh (esfenaj)[3]. Coñecida en latín coma spinachia, ten como significado "herba cociñada".
Distribución mundial: atópase en todo o mundo, máis propia dos climas frescos ca dos cálidos onde espiga axiña. Cómpre ter en contra a súa orixe persiana, lugar onde se atopa abundantemente. Cultívase en toda Galiza, malia non ser un cultivo tradicional. Hábitat: preferentemente en zonas frías e con abundante auga.
Planta herbácea bianual que unha vez está espigada e florida chega ao metro de altura, follas alternas, de forma ovada ou triangular de 3 a 30 cm de longo, dioica é dicir que hai plantas masculinas e femininas, actinomorfa; as flores son pouco vistosas,de 3 a 4 mm de diámetro, inconspicuas, conservan o froito que é un aquenio con varias sementes. Follas dispostas de xeito esparsivo, con superficie glabra ou tomentosa, carnosas, de bordo enteiro sen estípulas. O número de estames é igual ao de pezas do periantio dispostas de xeito oposto. O cáliz é acrecentando e carnoso. Centrospermas,o xineceo ten diversos carpelos e está reunido nun ovario súpero unilocular. O endosperma é nuclear. As sementes teñen embrión curvado co tecido nutricional reducido ao periplasma. A epiderme está formada por células esféricas grosas sobre un pedículo sutil. Son plantes turxescentes en climas chuviosos (xustifica que medran mellor en climas frescos e húmidos) e fracas con clima seco, neste último caso forman unha camada protectora contra a desecamento.
Planta rústica máis propia de solos salinos. Pódese sementar en secaño ou en regadío. Sementeira dende agosto deica abril. Cómpre que a terra estea ben traballada para que a semente agrome. Nas sementeiras de finais de verán pódense apañar as follas pasado xa un mes. No cultivo profesional apáñase a planta enteira, nas hortas pódense ir apañando follas exteriores por quendas. En Galiza é unha das primeiras hortalizas da primavera, mais se o lugar é axeitado pódense producir case todo o ano, xa que aturan as xeadas e medran mellor co tempo fresco.
En Galiza introduciuse ao longo das últimas décadas na gastronomía, utilizando as follas tenras en ensaladas ou as máis das veces cocidas ou fervidas, en tortillas e empanadas. Ás veces substitúense por acelgas. Hoxe en día é tamén frecuente a lasaña de espinacas ou acompañadas cos pratos de pasta. Tamén é común fervelas e acompañalas cun mollo tipo bechamel.
É unha boa fonte de ácido fólico, fibra alimentaria e vitaminas entre outras. Recoméndase en persoas obesas pola gran dixestividade que ofrece. Tamén saliente o efecto beneficioso para a pel, grazas ao contido en vitamina A. Os seus valores dietéticos foron postos en dúbida especialmente no que concirne ao ferro xa que en gran parte non é asimilábel. Tamén o alto contido en calcio está bloqueado pola presenza de ácido oxálico. Gran culpa disto tivo a ‘’publicidade’’ que a mediados do século XX fixeron os debuxos animados de Popeye. As persoas sensíbeis ao ácido oxálico deben evitar as espinacas. Contén vitaminas A, C, B1, B2, PP e K ademais dos minerais calcio, cobre, ferro, iodo, manganeso, magnesio, fósforo, xofre e cinc.
A Comisión Europea fixou dende 2002 (Regulamento 563/2002) o contido máximo de nitratos nas follas de leitugas e espinacas. O obxectivo é reducir o contido de nitratos a 3.000 mg NO/kg nas espinacas frescas, en 2.000 mgNO/kg en espinacas en conserva, refrixeradas ou conxeladas e en 2.500 mgNO/kg en leitugas do tipo "iceberg".[4] En xullo de 2011 a Axencia Española da Seguridade Alimentaria recomendou ao colectivo de embarazadas e nenos menores dun ano que se abstivesen de consumir leituga e acelgas por mor ao contido de nitratos. Os nitratos non teñen efectos prexudiciais para o organismo humano mais si son prexudiciais a súa conversión de xeito natural en nitritos e nitrosaminas especialmente nos nenos, persoas con problemas gástricos e nos vexetarianos.[5]
Recentemente realizáronse estudos nos que se descubriron que ten acción inhibidora de tumores, feito que a fai un bo alimento para previr posíbeis cancros. Tamén salienta o seu uso para tratar a obesidade e as anemias.
A espinaca é de orixe persiana. Introduciuse en Europa grazas aos árabes alá polo ano 1000. Outrora era unha planta que só se empregaba con fins medicinais. Moito despois, polo ano 1920 vaise afondar nas súas propiedades, polo que se coñeceu o seu alto contido en ferro e vitaminas A e B2. Isto incrementou o consumo. Nos anos 60 do século XX o seu consumo diminuíu moitísimo, especialmente nos nenos e mozos. Daquela, un debuxante chamado Segar inventou un personaxe de debuxos animados ao que chamou Popeye, que cando comía espinacas collía unha forza sobrenatural. O éxito dos debuxos animados fixo que este personaxe marcase un antes e un despois no consumo de espinacas, chegando ao día de hoxe.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.