Encoro de Abegondo - Cecebre
encoro e Zona especial de conservación do Encoro de Abegondo - Cecebre From Wikipedia, the free encyclopedia
encoro e Zona especial de conservación do Encoro de Abegondo - Cecebre From Wikipedia, the free encyclopedia
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.
O encoro de Abegondo - Cecebre ou encoro de Cecebre é un encoro entre Abegondo, Betanzos, Cambre e Carral construído na confluencia do río Barcés e o río Mero. O encoro, propiedade do concello da Coruña, foi construído entre 1975 e 1976 para fornecer de auga á cidade[1][2].
Tipo | encoro Zona de especial conservación espazo natural protexido Zonas de especial protección dos valores naturais | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Abegondo, España, Betanzos, España, Cambre, España, Carral, España e Oza-Cesuras, España | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 530,90525 ha | |||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 348885 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | decembro de 2004 | |||
O encoro e os seus afluentes, o río Barcés e ao Mero, son espazo naturais que foron declarados como zona especial de conservación (ZEC).[3][4][5][6] Este espazo natural protexe unha superficie de 529 ha. e discorre entre ademais de polos concellos de Abegondo, Betanzos, Cambre, Carral (onde está o encoro) tamén por Oza-Cesuras.
O valor da súa conservación é que ten 8 hábitats de interese comunitario e 10 especies de interese de protección. O 35% da súa superficie protexida ten un valor alto ou moi alto de conservación.[7][8]
A superficie da conca é de 228 km² e a do encoro 363 ha. e ten unha capacidade de 22 Hm3[9]. Acada unha lonxitude máxima de 2,8 km e unha profundidade máxima de 15 m[9]. A profundidade media non supera os 5,9 metros, habendo amplas zonas de augas superficiais, por riba dos 2 metros. O ancho máximo do encoro é na vertente do río Mero. O maior nivel de enchente acádase a finais de inverno e primavera[10].
A zona, pertencente a rexión eurosiberiana, provincia Atlántica-Europea e sector Galaico-Portugués, ten un dominio climático oceánico húmido.
O val do encoro é amplo, tendo nalgúns puntos ata 600 metros de ancho. Destacan pola conservación de masa forestal propia de ribeiras autóctonas.[10]. O bosques de ribeira no Barcés discorren polas vilas da Ribeira de Cañás, Beade, Damíl e da Praza. Para este río, a pendente das abas nestas parroquias son de pendente moderada, acusadas nalgúns puntos preto do Barcés. As especies de árbores que ten son ripícolas [11]. Cando o Barcés e o Mero chegan ao encoro, pásase a terreos en chaira, cunha orixe por deposición aluviais, e que son explotados para cultivos agropecuarios [2].
O hábitats de interese comunitario do ZEC incluídos na Directiva 92/43/CEE[12] son [1]:
As principais especies que figuran como de interese e en réxime de protección especial no ZEC lístanse a continuación:[1][13]
Especie |
---|
Narcissus cyclamineus |
Sphagnum pylaisii |
Especie |
---|
Chondrostoma polylepis |
É un hábitat que alberga a máis de duascentas especies de aves, pertencentes a tres grandes grupos: aves acuáticas e ribeiregas, aves forestais e aves de campiña[14].
No ano 1991 iniciouse o recoñecemento provisional do encoro e das ribeiras do Mero e Barcés como espazo natural de interese de conservación en Galicia e actualizouse periodicamente.[15][16][17] En decembro de 2004 propúxose como lugar de importancia comunitaria (LIC) e foi aceptado na rede Natura 2000 como zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.[1][7]
O encoro de Abegondo-Cecebre está incluído ademais dentro da reserva da biosfera das Mariñas Coruñesas e das Terras do Mandeo.