Aguaneira

From Wikipedia, the free encyclopedia

Aguaneira
Remove ads

A aguaneira,[2] tamén chamada rato de almiscre,[2] furapresas,[2] toupeira da auga[2] ou toupa de río,[3] (Galemys pyrenaicus) é unha especie de mamífero soricomorfo da familia Talpidae que habita nas zonas montañosas do norte da Península Ibérica e sur de Francia. É un insectívoro semiacuático que habita as proximidades de regatos e torrentes, de hábitos principalmente nocturnos, cuxa signo de identidade máis característico é o seu fociño con forma de trompeta.

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Remove ads

Características

A aguaneira aseméllase anatomicamente a outros animais como a rata, a toupa ou o furafollas. De aí lle veñen os sobrenomes de rata de auga, toupa de auga etc.

As patas traseiras lembran as da rata; son robustas e áxiles, e úsaas para moverse axiña pola auga. A parte dianteira do corpo é semellante á dunha toupa; as patas dianteiras están adaptadas para escarvar buracos e facer tobeiras onde criar a súa prole e poñerse a salvo dos seus predadores. O fociño é semellante ao do furafollas, cunha trompa moi desenvolvida que lle serve para atopar as larvas das que se alimenta. É un órgano moi perfeccionado, indispensable para a súa supervivencia, e posúe unha glándula de almiscre no arranque caudal.

Remove ads

Historia natural

É un animal moi discreto, polo non é doado de ver. Nútrese principalmente de larvas acuáticas sensibles á polución (larvas de tricópteros, plecópteros e efemerópteros) e de crustáceos. Por esta razón é considerado como un indicador da limpeza e a saúde das augas nas que habita. É unha das 79 especies catalogadas como vulnerables pola World Conservation Monitoring Centre.[1][4]

Distribución

A aguaneira vive en regatos e lagos do norte da Península Ibérica; norte de Portugal, Galicia, Montes Cantábricos, Pireneos e en determinadas zonas do Sistema Central. Habita tamén nos Pireneos franceses.[1]

Comportamento

Son animais bastante territoriais, que forman parellas estables que controlan territorios de entre 200 e 400 metros de canle. Para obter as súas presas suxéitanse ao fondo do curso acuático coas fortes unllas de pés e mans, mentres escarva co fociño entre os pelouros do fondo do río.[5] O seu período de celo dáse entre os meses de novembro e maio, e as femias paren dúas veces ao ano, con camadas de 1 a 5 crías por parto.[6]

Remove ads

Ameazas

O hábitat da aguaneira é moi vulnerable; as principais ameazas son a contaminación da auga e a fragmentación do seu hábitat debido á construción de centrais hidroeléctricas e encoros, e a extracción de auga. Nalgunhas zonas é perseguido pola errónea crenza de que é daniño para a pesca. A introdución dos visóns americanos (Neovison vison) en Galicia influíu negativamente nas súas poboacións.[1]

Subespecies

Coñécense dúas subespecies de aguaneira.[7]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads