Unha dorsal oceánica é unha cordilleira submarina situada na parte media dos océanos da Terra e formada por procesos relacionados coa Tectónica de placas. A cordilleira presenta un surco central coñecido como rift, zona de abundante vulcanismo onde se emite magma continuamente dende o manto sublitosférico a través de fisuras do fondo do océano, formándose novas porcions de litosfera oceánica e provocando a expansión do piso oceánico. Unha dorsal oceánica marca a fronteira entre dúas placas tectónicas, constituíndo un límite de placas diverxente no que ambas placas se separan. Tódalas dorsais oceánicas están interconectadas.[1]

Thumb
Formación dunha dorsal.
Thumb
Dorsal oceánica.

Estrutura

Unha dorsal oceánica ten unha estrutura de dobre crista, elevada e moi fracturada. Entre ambas cristas hai unha greta, ou rift, fracturada en forma de zigzag debido ás fallas transformantes, que desprazan segmentos da dorsal. Ao longo do rift producense numerosos sismos superficiaies e erupcions volcánicas que verten lavas de basalto. A ambos lados da dorsal vaise incrementando pouco a pouco o grosor da cortiza volcánica e o espesor dos sedimentos.[2]

Nas cristas das dorsaies hai tamén fontes hidrotermais das que brota vapor rico en minerais a unha temperatura de até 350 °C a través das gretas do fondo mariño. Estas fontes de auga depositan estruturas columnares de sulfuros metálicos que manteñen colonias de animais pouco comúns (vermes mariños e ameixas xigantes, camaróns, peixes). Os compostos que emiten estes mananciais de auga quente xogan un importante papel no mantemento da composición da auga mariña, subministrando magnesio e outros compoñentes.[3]

Thumb
Dorsal oceánica en Þingvellir National Park, Islandia

Historia

As dorsais oceánicas localízanse na súa maior parte submerxidas a gran profundidade no océano. O descubrimento da súa verdadeira extensión e as súas características produciuse nas décadas de 1960 e 1970. No Proxecto FAMOUS (French-American Mid-Ocean Undersea Study), empregárnose 3 sumerxibles nortamericanos e franceses para estudar o rift axial da dorsal mesoatlántica, situada a unha profundidade de entre 2000 e 3000 metros. Obtivéronse milleiros de imaxes, mostras e mapas detallados. Tamén se estudaron dúas dorsáis no Pacífico.[4]

Nun primeiro momento, a dorsal semellaba ser un fenómeno específico do océano Atlántico, pero a medida que os sondaxes do piso oceánico continuaban arredor do mundo descubriuse que tódolos océanos conteñen partes du sistema de dorsal oceánica.

Lista de dorsais oceánicas

Thumb
Distribución mundial das dorsais oceánicas.
  • Dorsal de Adén
  • Dorsal do Explorador
  • Dorsal de Gorda
  • Dorsal de Juan de Fuca
  • Dorsal mesoatlántica
    • Dorsal de Knipovich (entre Groenlandia e Svalbard)
    • Dorsal Mohns (entre Svalbard e Islandia)
    • Dorsal de Kolbeinsey (Norte de Islandia)
    • Dorsal de Reykjanes (Sur de Islandia)
    • Dorsal do Atlántico norte
    • Dorsal do Atlántico sur, que enlaza a través da Dorsal Africano-Antártica coa Dorsal do Índico Occidental

Lista de dorsais antigas

  • Dorsal de Aegir
  • Dorsal Alpha
  • Dorsal de Kula-Farallon
  • Dorsal de Pacífico-Farallon
  • Dorsal de Pacífico-Kula
  • Dorsal de Phoenix

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.