Dorsal do Pacífico Oriental
cordilleira submarina From Wikipedia, the free encyclopedia
cordilleira submarina From Wikipedia, the free encyclopedia
A dorsal do Pacífico Oriental, do Pacífico Leste, Gran Dorsal Pacífico- Antárctica, denominada tamén cordilleira Albatros ou cordilleira Illa de Pascua,[1] é unha dorsal oceánica ou cordilleira submarina que se estende en sentido sur-norte polo fondo oriental do océano Pacífico, desde as inmediacións da Antártida, no mar de Ross, ata internarse no golfo de California, mantendo unha continuidade xeolóxica que culmina no lago salgado coñecido como mar de Salton, no deserto de Colorado. A lonxitude da dorsal é de aproximadamente 8.000-9.000 km. O punto máis alto, que xa aflora sobre o nivel do mar, sitúase en Illa de Pascua (539 m.s.n.m.). A profundidade da base da dorsal é de 3.500 a 4.000 m. O seu perfil transversal caracterízase pola presenza dun eixo de ancho, sobre o cal se presenta unha estreita área de crista elevada.[2]
Tipo | cordilleira Dorsal oceánica | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | sen valor | |||
| ||||
Bañado por | Océano Pacífico | |||
Como esta dorsal é un bordo diverxente da codia terrestre, constitúe o límite entre varías placas tectónicas; como a placa antártica, a placa de Nazca, a placa do Pacífico, a placa de Cocos e a placa norteamericana.
Da dorsal despréndense varios ramais secundarios, como a Dorsal de Chile, o Cordón de Nazca e a Dorsal de Galápagos ademais de colindar as microplacas de Juan Fernández e Pascua, a primeira situada a partir do sitio onde se desprende a dorsal de Chile e a segunda moi preto da Illa de Pascua.
Nesta dorsal foron moi estudadas as chamadas fumarolas negras, que abundan no seu leito.[3] Esta actividade volcánica na área da dorsal deu orixe a unha serie de illas como Pascua, Salas y Gómez e Pitcairn.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.