Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Falla transformante ou bordo transformante é o bordo de desprazamento lateral dunha placa tectónica respecto da outra. A súa presenza é notable grazas ás descontinuidades do terreo.[1]
Hai dous tipos de falla transformante: as que segmentan as dorsais mesoceánicas e as que forman os bordos pasivos entre placas tectónicas continentais.
Nas fallas ou bordos transformantes que forman os bordos pasivos entre placas tectónicas, as placas desprázanse unha á beira da outra horizontalmente, sen producir nin destruír litosfera. A falla transformante máis coñecida deste tipo é a falla de San Andrés, en California (EUA).
As que se producen nos bordos construtivos de placas son as que dividen as dorsais oceánicas en segmentos máis ou menos curtos de trazo recto, para acomodalas a un trazado xeral curvo ou sinuoso ou oblicuo respecto da dirección de expansión do chan oceánico (ver imaxe á dereita).[2]
Os outros dous tipos de bordos de placas tectónicas, os bordos converxentes e os bordos diverxentes, son tectonicamente activos e ambos con actividade volcánica asociada.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.