Dorsal oceánica
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha dorsal oceánica é unha cordilleira submarina situada na parte media dos océanos da Terra e formada por procesos relacionados coa Tectónica de placas. A cordilleira presenta un surco central coñecido como rift, zona de abundante vulcanismo onde se emite magma continuamente dende o manto sublitosférico a través de fisuras do fondo do océano, formándose novas porcions de litosfera oceánica e provocando a expansión do piso oceánico. Unha dorsal oceánica marca a fronteira entre dúas placas tectónicas, constituíndo un límite de placas diverxente no que ambas placas se separan. Tódalas dorsais oceánicas están interconectadas.[1]