From Wikipedia, the free encyclopedia
A división territorial de España de 1833 foi un proceso de reordenación administrativa do territorio do reino de España (excluíndo as colonias) nun estado centralizado dividido en 49 provincias.
O 29 de setembro de 1833, inmediatamente despois da morte de Fernando VII[1], a rexente María Cristina de Borbón tratou de chegar a un acordo cos partidarios de Carlos María Isidro de Borbón sen perder, por outra parte, o apoio dos liberais. Aínda que os esforzos por conciliar aos carlistas foron vans, o goberno emprendeu unha reforma de grande envergadura que segue vixente na actualidade[2][3]
Confioulle a misión a Francisco Cea Bermúdez, líder dun goberno que durou apenas tres meses. Mediante unha simple circular en novembro de 1833, o seu secretario de estado de Fomento, Javier de Burgos, creou un estado centralizado[4] dividido en 49 provincias. As provincias recibiron o nome das súas capitais, agás catro que conservaron as antigas denominacións: Navarra, con capital en Pamplona, Áraba con Gasteiz, Guipúscoa con Donostia e Biscaia con Bilbao.[5]
O proxecto de Javier de Burgos é practicamente o mesmo que o de 1822, pero sen as provincias de Calatayud, Vierzo e Xàtiva; amais, outras provincias cambian de nome ao mudar a capital[6].
"Con todo a Don Javier de Burgos corresponde más el mérito de haber emprendido, dirigido y elaborado una nueva división provincial de España el valor y la voluntad política de haber puesto en vigencia una división anterior como la de 1822 con los retoques y modificaciones que creyó oportunas".Martínez Díez, Gonzalo, Génesis histórica de la provincia de Burgos y sus divisiones administrativas, Aldecoa, Burgos, 1983. ISBN 84-7009-214-6
A división provincial de Javier de Burgos de 1833 incluía 49 provincias agrupadas en rexións históricas, se ben non se pretendía crear ningún nivel administrativo superior ao provincial. Así, as rexións definidas non tiñan ningún tipo de competencia ou órgano administrativo ou xurisdicional común ás provincias que agrupaba, tendo a adscrición a rexións un carácter clasificatorio, sen pretensións de operatividade administrativa[7].
El territorio español en la Península e Islas adyacentes queda desde ahora dividido en cuarenta y nueve provincias que tomarán el nombre de sus capitales respectivas excepto las de Navarra, Álava, Guipúzcoa y Vizcaya, que conservan sus actuales denominaciones.:Fuente: Real Decreto de 30 de noviembre de 1833[5]
Amais do proposto de 1822, o modelo de Javier de Burgos eran os departamentos franceses[4][8] e se ben moitas das decisións de límites e adscricións a provincias puideron parecer arbitrarias (de acordo a criterios históricos e xeográficos), non o foron tanto, posto que seguían certos criterios «racionais»: extensión (desde o punto máis afastado da provincia debería poder chegarse á capital nun día), poboación (as provincias deberían ter entre 100.000 e 400.000 habitantes) e coherencia xeográfica[8]. Á cabeza de cada provincia, o goberno do estado designaba un representante, que ostentaba o título de «xefe político»[9].
Recupéranse os nomes tradicionais das provincias do País Vasco, pero persisten moi poucos enclaves, sendo os máis importantes o Rincón de Ademuz (provincia de Valencia) e o Condado de Treviño (provincia de Burgos)[10].
Esta división provincial consolidouse e triunfou rapidamente[10][11][12], pois inmediatamente dotouse ás capitais de provincias das institucións de goberno básicas[12], creándose ao tempo a figura dos xefes políticos (posteriormente gobernadores civís, actualmente delegados e subdelegados do Goberno)[9]. Amais, a división provincial converteuse no soporte para todas as ramas da administración pública[12] e as futuras divisións[10][12]. Todos os concellos, e a súa periferia debían estar integramente dentro dunha provincia.
En 1834 dividíronse as provincias en partidos xudiciais, localizándose nas capitais dos mesmos os xulgados de primeira instancia e instrución, e máis tarde deron pé aos distritos electorais e a contribución[12]. En 1868 existían 463 partidos xudiciais e uns 8.000 municipios. Nas eleccións municipais de 1999 había 8.037 concellos, algúns deles de recente creación[12].
Esta división sufriu leves modificacións dos límites e da nomenclatura[9].
As provincias definidas en 1833 seguen sendo, de acordo coa Constitución Española de 1978, pezas básicas da organización territorial de España (artigo 141), base das circunscricións electorais (artigo 68) e as unidades das que se compoñen as comunidades autónomas (artigo 143).
O Estatuto de Autonomía de Cataluña, que entrou en vigor en agosto de 2006, obvia a división provincial, considerando a división tradicional en sete vigairías.[29], pero non se prevé que tal división modifique a división provincial vixente para os cometidos do Estado, para non alterar asuntos como o número de senadores ou deputados de Cataluña nas Cortes Xerais.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.