órgano de manipulación nas mans dos humanos e outros primates From Wikipedia, the free encyclopedia
Os dedos son as extremidades dos membros dos mamíferos mais tamén se dá este nome a algunhas articulacións dos apéndices de moitos artrópodos e doutros pequenos animais.[1]
Nos mamíferos, o número básico de dedos en cada membro é de cinco, mais moitas especies perderon algúns deles no decurso da evolución. Así, por exemplo, os perisodáctilos, que en grego significa literalmente 'dedos impares', teñen un número impar de dedos[2] (os cabalos e outros équidos teñen un único dedo e os rinocerontes teñen tres), mentres que os artiodáctilos (vaca, ovella, porco) teñen un número par.
Por outro lado, a malformación da man ou do pé pode dar orixe a un número de dedos diferente do normal:
Os dedos están formados por dous ou tres ósos, chamados falanxes. As extremidades exteriores dos dedos están protexidas por unllas, que no home é unha lámina superior e noutros animais poden ter a forma de garras ou pezuños.
Os dedos da man humana foron un salto evolutivo, pois permitiu a estes animais a utilización de instrumentos, cos cales poden máis facilmente defenderse e modificar o medio ambiente (Edgar Morin, no seu O paradigma perdido refírese á dialéctica "pé-man-cerebro").[3]
Os dedos móvense (novamente, con excepción do polgar, no ser humano) por acción de tendóns ligados a músculos no antebrazo e doutros pequenos músculos que ligan as falanxes. O polgar movese por acción dos músculos flexores e rotadores, que se encontran na palma da man, unidos ao primeiro metacarpiano.
|
A pel da parte interna dos dedos ten na última falanxe unha elevada concentración de terminais nerviosas, constituíndose no centro do sentido do tacto; isto permite, por exemplo, a lectura en braille. Alén diso, esta pel ten unha textura especializada para a prensión, que dá orixe ás impresións dixitais.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.