From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha impresión dixital é a marca visible ou moldeada que produce o contacto das cristas papilares. Depende das condicións nas que se faga o dactilograma (impregnando ou non de substancias de cor distinta á do soporte), e das características do soporte. A pesar disto, é unha característica individual que se emprega como medio de identificación de persoas. A ciencia que estuda as pegadas dactilares chámase dactiloscopia e dentro dela existen dúas grandes ramas coa súa propia clasificación de pegadas. En Suramérica e parte de Europa séguese a clasificación de Vucetich, mentres que nos EUA e na Gran Bretaña, a de Henry. O sistema de identificación dactilar en España foi creado polo Dr. Federico Olóriz Aguilera.
Desígnanse así ás particularidades papilares que, en detalle, ofrecen as cristas no seu curso polo dactilograma natural e a súa impresión. Estas particularidades son as converxencias, desviacións, empalmes, interrupcións, fragmentos etc. das cristas e os seus sucos.
Son os relevos epidérmicos situados na palma das mans, e na planta dos pés.
Son unhas glándulas de secreción de suor situadas na derme. Constan dun tubo situado no tecido celular subcutáneo, formado por un glomérulo glandular cunha canle rectilínea, que atravesa a derme, para vir a rematar na capa córnea da epiderme, concretamente no poro, que é un orificio situado nos lombos das cristas papilares, e polo que se expulsa a suor.
Unha vez que a suor sae ó exterior, derrámase polas cristas e mestúrase coa graxa natural da pel, dando lugar a que, cando se toque ou manipule un obxecto apto para a retención de pegadas, estas queden impresas no mesmo.
Son as depresións que separan as cristas papilares.
Están formados polas cristas papilares e sucos interpapilares. Está demostrado cientificamente, e comprobado pola experiencia, que son perennes, inmutables e diversiformes:
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Impresión dixital |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.