![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/79/Hilbert.jpg/640px-Hilbert.jpg&w=640&q=50)
David Hilbert
matemático alemán / From Wikipedia, the free encyclopedia
David Hilbert, nado en Königsberg[1] o 23 de xaneiro de 1862 e finado en Gotinga o 14 de febreiro de 1943, foi un matemático alemán. Está recoñecido como un dos matemáticos máis influentes e universais de finais do século XIX e comezos do XX.
Descubriu e desenvolveu un amplo número de ideas fundamentais en moitas áreas, como a teoría de invariantes e a axiomatización da xeometría. Tamén formulou a teoría dos espazos de Hilbert[2], un dos fundamentos da análise funcional. Hilbert adoptou e defendeu vehementemente a teoría de conxuntos e os números transfinitos de Cantor. Un exemplo célebre do seu liderado nas matemáticas foi a presentación en 1900 no Congreso Internacional de Matemáticos de París dunha colección de 23 problemas que marcaron o curso de gran parte da investigación matemática do século XX.
Xunto cos seus discípulos, contribuíu significativamente a establecer rigor e desenvolver importantes ferramentas usadas na física matemática moderna. Hilbert é recoñecido como un dos fundadores da teoría da proba e a lóxica matemática, así como por ser un dos primeiros en distinguir entre matemáticas e metamatemáticas[3].
En pugna por demostrar correctamente algúns dos erros cometidos por Einstein, na teoría xeral da relatividade, David Hilbert adiantouse ás correccións de Einstein, con todo nunca quixo outorgarse o mérito.[4] Minkowski, o mellor e máis sincero amigo de Hilbert morreu prematuramente dunha apendicite perforada en 1909.[5] Pertencía ao selecto grupo de fellows da Royal Society.[6]