From Wikipedia, the free encyclopedia
A córnea é a parte anterior transparente e protectora do ollo dos vertebrados. Localízase na rexión polar anterior do globo ocular enriba do iris e pupila. A córnea e o cristalino teñen a función de enfocar a luz a través da pupila cara a retina, como se fose unha lente fixa. Son as lágrimas (secreción lacrimal) as que manteñen a córnea húmida e saudábel.
A superficie anterior da córnea é elíptica, medindo aproximadamente 12,6 mm no diámetro horizontal e 11,7 mm no vertical, cun grosor medio de 0,52 mm na rexión central e de 0,65 mm ou máis, na rexión periférica.
Non presenta na súa superficie anterior unha curvatura uniforme. A curvatura máis acentuada dáse na rexión central sendo máis plana na rexión periférica. O raio de curvatura medio está en torno de 7,8 mm na superficie anterior da rexión central e de 6,6 mm na superficie posterior.
A córnea posúe un poder de refracción de 44,00 dioptrías.
A súa estrutura non é vascularizada e a súa innervación está desprovista de vaíña de mielina, o que garante a súa total transparencia.
A córnea está constituída por cinco capas:
O epitelio é a capa máis superficial e componse de catro a seis capas de células do tipo epitelio escamoso estratificado, non queratinizado. A súa espesura é do 10% aproximadamente e está provista de alta capacidade de rexeneración.
As células das capas máis profundas tienen forma de columna, con actividade mitoxénica. Cando ás células máis superficiais (tidas como máis antigas) comezan a descamar, outras células novas van naturalmente tomando a forma estratificada descrita anteriormente.
Para que ocorra a renovación da célula na superficie son necesarios sete días, período necesario para que se produza da mitose.
O epitelio preséntase como unha superficie lisa e brillante, o que lle asegura o seu poder de refracción. O seu funcionamento é unha especie de bloqueo contra a perda de líquidos e, consecuentemente, evita a penetración de microrganismos.
As células basais dos seus bordos presentan extensións dixitais e están unidas entre si pola zonula adhaerens e gap junctions. As células basais son planas na súa cara posterior e adhírense á lámina basal a través de hemidesmosomas.
Esta capa supón case o 90% do grosor da córnea. É un tecido conxuntivo transparente formado por laminiñas constituídas por fibras coláxenas e matriz extracelular dispostas regularmente en capas paralelas. A matriz contén moito queratán sulfato e condroitín sulfato. Entre as fisuras deixadas polas fibras aparecen células, que son un tipo de fibroblasto especial chamado queratocito. Pode haber un pequeno número de linfocitos e outros leucocitos, que aumentan en número en caso de inflamación.[1]
Esta membrana está formada de células do epitelio basal, da lámina basal, e de fibras do estroma anterior. O seu grosor é de 8 μm a 12 μm e a súa formación é por fibras de coláxeno e proteoglicanos, non ten o poder de se rexenerar unha vez lesionada. O seu diámetro é de aproximadamente dous terzos das fibras de coláxeno do estroma. A súa función baséase en manter a integridade e a organización epitelial e manter o epitelio separado do estroma.
Sábese que a súa formación acontece aos catro meses de xestación e a súa capa anterior complétase ao aproximarse o nacemento.
A membrana de Descemet é facilmente rexenerada, debido á súa formación a partir do endotelio. Reviste toda a superficie do estroma, que está composta por unha capa anterior preto do estroma e unha capa posterior preto do endotelio.
Esta mesma membrana ten un grosor constante ao longo da vida, polo tanto non ten significado relevante, e permanece en torno de 3 mm na súa capa anterior, e de 2 μm a 10 μm na capa posterior, que neste caso pode variar co paso dos anos.
Mide aproximadamente 4 a 6 μm de altura e 20 μm de comprimento. As células son hexagonais e están dispostas de maneira extraordinaria: pola disposición e polo padrón desas células chámase mosaico endotelial pola súa semellanza.
Cando ocorre perda de células endoteliais, aquelas células que sobraran desprázanse na dirección da área lesionada para encher aquel espazo, aumentando o seu tamaño (polimegatismo) e tamén alterando a súa forma (pleomorfismo). Todo ese mecanismo é responsábel da reparación do endotelio. Téñase en conta o feito de que a mitose nas células endoteliais adultas é lenta e escasa.
Obsérvase en cultivos con soro fetal en humanos a evidencia de mitose celular endotelial.
Para se manter o estado de transparencia e de turxescencia da córnea tórnase necesaria e esencial a integridade funcional do endotelio corneano. É imprescindíbel salientar que o endotelio é de suma importancia para manter a transparencia e organización das capas da córnea; con iso evítase un edema corneano.
Coa exacta transferencia de sodio e potasio, o endotelio leva a auga a unha velocidade de 6,5 ml/cm/hora. Sábese que o osíxeno provén do humor acuoso e que o suprimento de glicosa provén tamén do humor acuoso, co que se facilita ese mecanismo de transferencia.
No momento do nacemento o volume endotelial varía de 3.500 a 4.000 células por milímetro cadrado. No individuo adulto ese volume varía de 1.400 a 2.500 células por milímetro cadrado. Sendo así o mínimo que se espera para que o endotelio poida manter a súa función é da orde de 400 a 700 células por milímetro cadrado. Sen ese mínimo é imposíbel manter a súa función e a partir diso comeza a ocorrer edema e, consecuentemente, perda da visión.
Se a córnea for afectada por algunha doenza que provoque, por exemplo, a súa opacidade, é posíbel realizar transplantes a partir de tecidos pertencentes á córnea de doadores.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.