deus da mitoloxía grega From Wikipedia, the free encyclopedia
Cronos é un dos doce titáns, un deus da mitoloxía grega correspondente a Saturno na mitoloxía romana. Hesíodo di que era "de retorcida mente".[1]
Nome orixinal | (grc) Κρόνος |
---|---|
Biografía | |
Celebración | Relixión da Grecia antiga e Mitoloxía grega |
Símbolo iconográfico | Fouce |
Familia | |
Cónxuxe | Rea |
Parella | Heimarmene Evonyme |
Fillos | Zeus () Rea Dolops () Filira Quirón () Filira Erinias () UranoXea Moiras () Crío (mitoloxía) () UranoXea Ares Enyalius () AresÊnio Deméter () Rea Hestia () Rea Hera () Rea Hades () Rea Poseidón () Rea Doloncus () Thrace |
Pais | Urano e Xea |
Irmáns | Rea Xapeto (mitoloxía) Hiperión Temis Tía Océano Tetis |
Descrito pola fonte | Small Brockhaus and Efron Encyclopedic Dictionary (en) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru (en) |
Cronos foi fillo máis novo de Urano (o máis antigo de todos os deuses) e Xea (deusa da Terra). Da súa unión con Rea tivo seis fillos: Hestia, Deméter, Hera, Hades, Poseidón e Zeus. Cronos representa a pasaxe dos deuses antigos (ciclopes e titáns) cara aos Deuses olímpicos (así chamados por seren aqueles que habitaban o monte Olimpo), liderados polo seu fillo Zeus.
O mito di que cada vez que a súa esposa Xea tiña un fillo, Urano devolvíao ao ventre de Xea (a Terra). Cansada disto, ela decidiu vingarse e pediu axuda ós seus fillos, pero só Cronos aceptou [2]. Xea construíu unha fouce de aceiro [3] ou de sílex e deuna a Cronos, e este, cando Urano, seu pai, xacía con Xea, castrouno e botou os xenitais de Urano ó mar, de onde abrollou Afrodita, a deusa do amor.
Despois disto, Cronos reinou entre os deuses, mais Urano e Xea (como depositarios do coñecemento do porvir) profetizaron que el sería ao fin vencido por un dos seus fillos. Para evitar tal cousa, devoraba ós seus propios fillos nada máis nacer (aínda que estes seguían vivos e medrando no seu interior). A súa esposa e irmá Rea, aconsellada pola súa nai, Xea [4], conseguiu enganalo ofrecéndolle unha pedra envolta en cueiros no canto do último fillo, Zeus. Cronos enviou a pedra sen sospeitar nada e así logrou Rea salvar a vida do fillo. Deste xeito, Zeus foi criado agochado nunha cova na illa de Creta e, cando foi adulto, deulle a Cronos unha herba que o obrigou a devolver tódolos fillos e declarouno a guerra, a Titanomaquia. Así, puido por fin destronar a Cronos.
Tras perder a guerra, Cronos e os Titáns foron encerrados no Tártaro, baixo a vixilancia dos Hecatonquiros. Pero na tradición órfica, terminou sendo perdoado por Zeus quen permitiu que fora gobernar a Illa dos Benaventurados (un lugar semellante ó ceo do Cristianismo).
A maiores dos seis fillos que tivo con Rea, Cronos uniuse coa oceánide Filira [5] e tivo un fillo: o centauro Quirón. As fontes explícano porque Cronos se metamorfoseou en cabalo para cubrir a Filira, ou porque a propia Filira se converteu en égua para intentar fuxir do deus.
Outras lendas fano tamén pai de Hefesto, tras unirse a Hera; e da mesma Afrodita, tradicionalmente considerada filla de Urano.
Aplicase o nome de Crónidas aos fillos de Crono e Rea.
Cronos adquire a función de deus do tempo. É representado no momento da castración de Urano ou no trascurso da Titanomaquia, como un home vello de cabelos brancos e barba longa; adoita levar unha fouce, arma coa que castrou ó seu pai Urano, e outras veces porta unha gadaña.
Xa no Renacemento engádense outros atributos: ás, un reloxo de area ou o ouroboros, unha serpe que se morde a cola, como símbolo da continuidade temporal.
Estaba asociado ao tempo polos gregos, e foi considerado a personificación do tempo na antigüidade clásica.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.