From Wikipedia, the free encyclopedia
O orfismo (grego antigo: Ὀρφικά) é o nome dunhas prácticas e crenzas relixiosas xurdidas na Grecia antiga e no mundo helenista,[1] así como polos tracios,[2] asociada á literatura do mítico poeta Orfeo, que foi quen de descender a Hades e volver. Os orfistas tamén adoraban a Perséfone (que anualmente descendía a Hades por unha tempada e despois regresaba) e a Dioniso (que tamén descendeu a Hades e volveu). Orfeo foi o creador dos Misterios dionisíacos.[3] A poesía que contén as crenzas órficas remóntase ó século -VI[4] ou V.[5]
As fontes clásicas, como Platón, falan "Iniciadores de Orfeo" (Ὀρφεοτελεσταί), e ritos asociados, malia que a literatura "órfica" relacionada cos ritos non está clara.[6] Ó igual que nos misterios eleusinos, a iniciación nos misterios do orfismo prometía vantaxes despois da vida.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.