Cristiano Ronaldo
futbolista portugués / From Wikipedia, the free encyclopedia
Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués. Xoga como extremo e actualmente non milita en ningún equipo, xa que en novembro deixou de mutuo acordo o club no que se encontraba, o Manchester United da Premier League inglesa. É considerado un dos mellores futbolistas do mundo e un dos deportistas máis seguido polos medios de comunicación da actualidade.[1][2] Foi distinguido co premio ao Mellor xogador da Premier League en 2007 e 2008, así como Deportista portugués do Ano neses mesmos anos. O seu notable desempeño na Premier League na tempada 2007–08 fíxolle acredor da Bota de Ouro,[3] o Balón de Ouro,[4] e o FIFA World Player en 2008.[5] Nos anos 2013 e 2014 conseguiu de novo o FIFA Balón de Ouro, converténdose no primeiro xogador de fútbol portugués en lograr o galardón dúas veces ou máis.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Comezou a súa carreira a curta idade no CD Nacional da súa localidade para logo incorporarse ao Sporting de Lisboa, club co que debutou na máxima categoría do fútbol portugués en 2001. Tras observalo nun amigable en 2003, o Manchester United inglés contratouno por 12,24 millóns de libras esterlinas. Despois de longas negociacións a mediados de 2009 foi traspasado ao club español Real Madrid CF por 80 millóns de libras esterlinas (94 millóns de euros, 132 millóns de dólares), converténdose no traspaso máis caro na historia do fútbol. Realizou a súa primeira aparición coa selección portuguesa en 2003 e desde 2008 é o capitán desta.