Real Madrid Club de Fútbol
club deportivo da cidade de Madrid / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Real Madrid Club de Fútbol é un club deportivo da cidade de Madrid (España), fundado o 6 de marzo de 1902, que ten case 100.000 socios. Xoga na Primeira división española desde 1929, sendo un dos equipos que nunca descendeu, xunto co Athletic Club e o FC Barcelona. Formou parte, en calidade de membro fundador, da Asociación de Clubs Europeos, unha organización internacional que agrupaba os clubs máis importantes e influentes de Europa.[1]
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2018.) |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Real Madrid | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Real Madrid Club de Fútbol | |||
Alcume(s) | Brancos; Merengues; Vikingos | |||
Fundación | 6 de marzo de 1902 (122 anos) | |||
Estadio | Santiago Bernabéu, Madrid, España | |||
Inauguración | 14 de decembro de 1947 | |||
Capacidade | 85.000 | |||
Presidente | Florentino Pérez | |||
Adestrador | Carlo Ancelotti | |||
Liga | Primeira División | |||
2023–24 | 1.º de 20 | |||
Vestimenta | Adidas | |||
Patrocinador | Emirates | |||
Na rede | ||||
http://www.realmadrid.com/ | ||||
| ||||
É o club máis popular de España e conta coa maior cantidade de afeccionados co 32,8% do total de simpatizantes ao fútbol, de acordo cun estudo realizado no mes de maio do 2007 polo CIS.[2]
Tamén o equipo con máis títulos de España e un dos máis prestixiosos de Europa e do mundo, gañando 88 trofeos en distintas competicións (68 nacionais e 20 internacionais) recoñecidos pola RFEF e a UEFA sendo o club con máis vitorias na Liga de Campións.[3]
Foi designado pola FIFA como o Mellor Club do século XX logo dos resultados dunha enquisa realizada aos lectores da revista bimestral de devandita organización, FIFA World Magazine, en decembro do 2000.[4] Segundo a clasificación anual de clubs que realiza a IFFHS, en 2002 foi designado como o mellor equipo do fútbol mundial.[5] En 2009, o mesmo organismo nomeouno máximo club do século XX en Europa.[6]