A Copa Mundial da FIFA Brasil 2014 (oficialmente: Copa do Mundo FIFA Brasil 2014) foi a edición número vinte do Campionato Mundial de fútbol de seleccións, a competición máis importante deste deporte. O torneo celebrouse no Brasil do 12 de xuño ao 13 de xullo, despois de que o presidente da FIFA, Joseph Blatter, estabelecera o criterio de rotación continental. Esta edición foi a primeira que se xogou en Suramérica desde o Mundial da Arxentina 1978.
Datos rápidos Tipo, Mascota ...
Mundial de Fútbol de 2014 |
|
Tipo | Copa do Mundo de Fútbol |
---|
Mascota | Fuleco |
---|
Organizador | FIFA |
---|
Patrocinador | Adidas |
---|
Composto por | |
---|
Número de participantes | 32 |
---|
|
Portugal, España, Italia, Bélxica, Alemaña, Países Baixos, Suíza, Rusia, Selección de fútbol de Bosnia e Hercegovina, Inglaterra, Francia, Grecia, Croacia, Selección de fútbol dos Estados Unidos, Selección de fútbol de Costa Rica, Honduras, Brasil, Selección de fútbol de México, Selección de fútbol do Camerún, Selección de fútbol de Chile, Selección de fútbol de Australia, Colombia, Selección de fútbol de Costa do Marfil, Selección de fútbol do Xapón, Uruguai, Selección de fútbol de Ecuador, Arxentina, Selección de fútbol de Irán, Selección de fútbol de Nixeria, Selección de fútbol de Ghana, Selección de fútbol de Alxeria e Selección de fútbol de Corea do Sur |
|
Localización | Itaipava Arena Pernambuco (São Lourenço da Mata (pt) ) Arena das Dunas (Natal) Estádio Beira-Rio (Praia de Belas (pt) ) Estádio Governador Plácido Castelo (Fortaleza) Arena da Amazônia (Manaus) Arena da Baixada (Curitiba) Arena Corinthians (Itaquera (pt) ) Estádio do Maracanã (Maracanã) Mineirão (Belo Horizonte) Estádio Nacional Mané Garrincha (Brasilia) Arena Pantanal (Cuiabá) Arena Fonte Nova (Salvador) |
---|
País | Brasil |
---|
Intervalo de tempo | 12 de xuño de 2014 – 13 de xullo de 2014 |
---|
Número de edición | 20 (2014) |
---|
|
Primeiro posto | Alemaña |
---|
|
Partidos | 64 |
---|
Goles | 171 |
---|
|
Xogador máis valioso | Lionel Messi↔ Arxentina |
Máis goles marcados | James Rodríguez↔ Alemaña (6) |
Mellor porteiro | Manuel Neuer |
Mellor xogador mozo | Paul Pogba |
|
Número de espectadores | 3.429.873 |
---|
|
Páxina web oficial | fifa.com… |
---|
|
|
|
Pechar
En 2004, a FIFA elixiu a Suramérica como sede da Copa Mundial de 2014. Pese ao entusiasmo inicial dalgúns países, só Brasil e Colombia presentaron as súas candidaturas oficiais antes do peche do prazo, o 18 de decembro de 2006. Algúns meses despois, Colombia retirou a súa candidatura, deixando como único postulante a Brasil. O 30 de outubro de 2007 a FIFA designou de xeito oficial a Brasil como o país que albergaría a Copa do Mundo de Fútbol de 2014. Alemaña proclamouse campioa do mundo por cuarta vez na súa historia, nunha disputada final contra Arxentina na que gañou 0-1 cun gol de Mario Götze a sete minutos do final da segunda parte da prórroga.