![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/76/Natal%252C_Brazil_-_Arena_das_Dunas.jpg/640px-Natal%252C_Brazil_-_Arena_das_Dunas.jpg&w=640&q=50)
Arena das Dunas
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Arena das Dunas é un estadio multiuso localizado na cidade de Natal, no estado brasileiro do Río Grande do Norte. Alén de partidos de fútbol, o complexo ten a capacidade de aloxar eventos de gran porte, exposicións e feiras e mercados. A estrutura foi inaugurada o 22 de xaneiro de 2014,[1] despois de 29 meses de obras, no lugar do Estádio João Machado.[2] O recinto é xestionado polo grupo OAS Arenas, sendo copropietario o Goberno do Estado de Río Grande do Norte.
Arena das Dunas | |
---|---|
![]() | |
Datos | |
Coordenadas | 5°49′37″S 35°12′44″O |
Localización | ![]() ![]() |
Construción | |
Construción | 2011 - 2014 |
Inauguración | 22 de xaneiro de 2014 |
Arquitecto | Populous |
Custo | R$ 423 millóns |
Estadio | |
Superficie | Herba |
Dimensións | 105 × 68 |
Capacidade | 42.086 |
Asist. máxima | 19.449 (30/4 de 2014) América-RN - Globo FC |
Propietario | OAS Engenharia Goberno de RN |
Localía | América Futebol Clube ABC Futebol Clube |
Web | http://www.arenadunas.com.br |
Eventos | |
• Mundial de Fútbol Brasil 2014 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Localizado no barrio de Lagoa Nova, entre a BR-101 e a Avenida Prudente de Morais, dúas importantes arterias viarias da cidade, o estadio foi posible grazas a unha colaboración público-privada entre a OAS Engenharia e o goberno do estado, sendo a súa principal finalidade a de sustentar a candidatura da capital para a Copa do Mundo FIFA de 2014, na que albergou catro partidos. Proxectada para ter uso variado, o complexo ten capacidade para 31.375 espectadores, aínda que durante a Copa do Mundo colocáronse bancadas provisionais que ampliaron a capacidade até os 42.086 asentos.
A arquitectura do estadio, inspirada nas dunas do Río Grande do Norte, foi proxectada pola empresa estadounidense Populous.[3]