Selección de fútbol dos Estados Unidos de América
From Wikipedia, the free encyclopedia
A selección de fútbol dos Estados Unidos (en inglés: United States national soccer team) representa aos Estados Unidos de América en competicións internacionais de fútbol. Está controlada pola Federación de Fútbol dos Estados Unidos (United States Soccer Federation, U.S. Soccer), afiliada á CONCACAF, organización de agrupa ás federacións de Norte, Centroamérica e o Caribe, e á FIFA.
Estados Unidos | |||
---|---|---|---|
Actual campión da Copa do Mundo | |||
Actual campión da Eurocopa | |||
Actual campión da Copa de África | |||
Actual campión da Copa América | |||
Actual campión da Copa Ouro | |||
Actual campión da Copa Asiática | |||
Actual campión da Copa das Nacións da OFC | |||
| |||
| |||
Asociación | U.S. Soccer | ||
Confederación | CONCACAF (Norteamérica) | ||
Código FIFA | USA | ||
Alcume | The Yanks | ||
Clasificación FIFA | 22 (11 de xuño de 2020) | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | Gregg Berhalter | ||
Máis encontros | Cobi Jones (164) | ||
Máximo goleador | Clint Dempsey Landon Donovan (57) | ||
Estrea internacional Suecia 2 − 3 Estados Unidos Estocolmo, Suecia; 20 de agosto de 1916 | |||
Maior vitoria Estados Unidos 8 − 0 Barbados Carson, Estados Unidos; 15 de xuño de 2008 | |||
Maior derrota Noruega 11 − 0 Estados Unidos Oslo, Noruega; 11 de agosto de 1948 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 10 (primeira en 1930) | ||
Mellor resultado | Terceiro lugar (1930) | ||
Copa Ouro | |||
Participacións | 17 (primeira en 1985) | ||
Mellor resultado | Campións (1991, 2002, 2005, 2007, 2013, 2017) | ||
Copa América | |||
Participacións | 4 (primeira en 1992) | ||
Mellor resultado | Cuarto lugar (1995, 2016) | ||
Estados Unidos participou en dez edicións da Copa do Mundo de Fútbol, incluíndo a edición de 1994 na que foron o país anfitrión. A mellor clasificación da selección nesta competición foi o seu terceiro posto obtido no torneo inaugural de Uruguai 1930, cando acadou a terceira praza. Máis recentemente rematou cuarto na Copa América, chegou aos cuartos de final do mundial de 2002 e foi finalista da Copa Confederacións en 2009. Ademais ten no seu palmarés seis Copas de Ouro da CONCACAF.