![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3f/UEFA_EURO_2008_logo.svg/langgl-640px-UEFA_EURO_2008_logo.svg.png&w=640&q=50)
Eurocopa de Fútbol de 2008
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Eurocopa 2008 (oficialmente, Campionato Europeo de Fútbol da UEFA ou UEFA EURO 2008™) foi a XIII edición da Eurocopa, o principal torneo entre seleccións de fútbol europeas organizado pola UEFA. Esta versión do torneo realizouse en Austria e Suíza, entre o 7 de xuño e o 29 de xuño de 2008, sendo a segunda ocasión na que o torneo foi organizado por dous países (trala Eurocopa 2000 realizada en Bélxica e os Países Baixos) e a primeira que foi albergada por unha destas nacións.
![]() ![]() | |
Nome oficial | Fußball-Europameisterschaft 2008 Championnat d'Europe de football 2008 2008 UEFA European Championship ![]() |
---|---|
Tipo | Eurocopa de Fútbol ![]() |
Mascota | Trix and Flix (en) ![]() ![]() |
Organizador | UEFA ![]() |
Número de participantes | 16 ![]() |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Localización | Estadio Ernst Happel (Leopoldstadt (pt) ![]() Estádio Wals Siezenheim (pt) ![]() ![]() St. Jakob-Park (Basilea) Letzigrund (Cantón de Zúric) Tivoli-Neu Stadion (pt) ![]() Stadion Wankdorf (Berna) Hypo-Arena (pt) ![]() Stade de Genève (pt) ![]() ![]() |
País | Austria e Suíza ![]() |
Intervalo de tempo | 8 de xuño de 2008 – 29 de xuño de 2008 ![]() |
Número de edición | 13 (2008) ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | España (2º) ![]() |
Datos estatísticos | |
Partidos | 31 ![]() |
Goles | 77 ![]() |
Máis goles marcados | David Villa↔ España (4) ![]() |
Número de espectadores | 1.140.902 ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | uefa.com… ![]() |
A candidatura de Austria e Suíza foi proclamada polo Comité Xeral da UEFA, o 12 de decembro de 2002, superando a un total de seis candidaturas. 16 seleccións participaron no evento, 14 das cales adxudicáronse a súa participación neste torneo tras superar un proceso clasificatorio disputado entre 2006 e 2007 por 52 equipos, ás que se sumaron as seleccións de Austria e Suíza, clasificadas automaticamente na súa calidade de anfitrioas. Os equipos participantes foron divididos en catro grupos de catro equipos cada un; tras disputar un formato de liga en cada grupo, os dous mellores de cada un clasifícanse cara a seguinte rolda. Os oito clasificados enfróntanse posteriormente nun sistema de eliminación directa ata determinar ao campión no partido final a disputarse no Estadio Ernst Happel de Viena.
Estimábase que 1 050 000 persoas asistirían aos 31 partidos disputados durante a fase final do torneo e que a audiencia acumulada do evento por televisión acadaría os 8.000 millóns de espectadores a nivel mundial,[1] o que podería convertelo no evento deportivo máis visto de 2008, superando incluso aos Xogos Olímpicos de Pequín 2008.[2]