Os monarcas británicos son aqueles que gobernaron a algún dos dous reinos máis importantes de Gran Bretaña, Escocia e Inglaterra ou á unión destas dúas coroas con Irlanda primeiro e Irlanda do Norte despois, formando o Reino Unido (de Gran Bretaña e Irlanda do Norte).
Ao redor do século IX xurdiron en Gran Bretaña dous grandes reinos: Escocia e Inglaterra, cada un dos cales levaba aparellado o título de rei. Esta situación mantívose ata o século XII, xa que ao conquistar parte de Irlanda, o monarca inglés Henrique II, creou o Señorío de Irlanda, que pasou ao seu fillo máis novo Xoán I (coñecido como Xoán sen Terra), mentres que a coroa de Inglaterra recaía no seu fillo máis vello Ricardo Corazón de León; ao morrer este último, Xoán converteuse rei de Inglaterra e Señor de Irlanda.
O título mantívose constante ata que Henrique VIII de Inglaterra converteu o señorío en reino, pasando a denominarse rei de Inglaterra e Irlanda. Precisamente ao morrer sen descendencia a última das súas fillas, Isabel, as coroas inglesa e escocesa únense na persoa de Xacobe I de Inglaterra e VI de Escocia, que gobernou cos títulos de rei de Escocia, Inglaterra e Irlanda.
Este título mantívose ata que Ana I asinou a Lei de Unión entre Inglaterra e Escocia, pasando a ser Raíña de Gran Bretaña e Irlanda. O sucesor de Ana, Xurxo I de Inglaterra, achegou o electorado de Hannover á lista de títulos reais británicos. Posteriormente, unha Lei de Unión similar á de Ana, esta vez entre Gran Bretaña e Irlanda, foi asinada por Xurxo III do Reino Unido, que pasou a titularse Rei do Reino Unido, Gran Bretaña e Irlanda. Posteriormente, este mesmo monarca conseguiu que o Congreso de Viena convertese o electorado de Hannover en reino. Con todo, a súa neta Vitoria non puido conservar ese título debido á Lei sálica imperante en Hannover, aínda que foi coroada posteriormente como emperatriz da India, converténdose polo tanto en Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e Emperatriz da India.
A independencia de Irlanda en 1922 e da India en 1947, reduciu o título ao de Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte, que é o usado pola monarca actual, Isabel II.
Máis información Nome, Período ...
Reis de Inglaterra |
Reis de Escocia |
|
|
Reis de Inglaterra e Señores de Irlanda |
Reis de Escocia (continuación) |
|
|
Reis de Inglaterra e Irlanda |
Reis de Escocia (continuación) |
|
|
|
Pechar