Remove ads
rei de Escocia de 1249 a 1286 From Wikipedia, the free encyclopedia
Alexandre III, chamado o Glorioso. Nado en Roxburgh o 4 de setembro de 1241 e finado o 19 de marzo de 1286. Foi rei de Escocia desde o 6 de xullo de 1249 ata o 19 de marzo de 1286.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2018.) |
Alexandre III foi o único fillo do rei Alexandre II de Escocia e a súa segunda esposa María de Coucy. Ascendeu ao trono en 1249, aos oito anos de idade por mor da morte do seu pai, sendo coroado na Abadía de Scone o 13 de xullo dese ano. Debido a súa minoría de idade, creouse un Consello de Rexencia, quen pasou a estar formado polos nobres do Reino, co que o país entrou nun período de inestabilidade.
O seu reinado supuxo para Escocia unha época de desenvolvemento económico, engrandecendo ademais o país mediante a compra a Noruega en 1266 da illa de Man e das illas Hébridas, polas que loitara sen éxito contra os noruegueses no ano 1263 na guerra escocesa-norueguesa, e en especial na batalla de Largs. Por estes territorios pagou 4000 marcos, ademais dunha renda de duración indefinida doutros 100 marcos anuais.
Finou por accidente, aos 44 anos, por mor dunha caída de cabalo cando se dirixía ao encontro da súa esposa. Foi inhumado na Abadía de Dunfermline.
O 26 de decembrode 1251 casou con Margarida de Inglaterra, filla do rei Henrique III de Inglaterra, coa que tivo tres fillos:
Dez anos despois de quedar viúvo, e non tendo herdeiro varón, casou de novo o 1 de novembro de 1285 con Iolanda de Dreux, filla de Roberto IV de Dreux.
Predecesor: Alexandre II |
Rei de Escocia 1249 - 1286 |
Sucesor: Margarida I |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.