rei de Escocia de 1329 a 1371 From Wikipedia, the free encyclopedia
David II (gaélico medieval: Daibhidh a Briuis, gaélico moderno: Dàibhidh Bruis) nado en 1324 e finado 1371. Foi rei de Escocia entre 1329 e 1371.
Nome orixinal | (gd) Dàibhidh II |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 5 de marzo de 1324 (Gregoriano) Palácio de Dunfermline, Reino Unido (pt) |
Morte | 22 de febreiro de 1371 (Gregoriano) (46 anos) Castelo de Edimburgo, Reino Unido |
Lugar de sepultura | abadía de Holyrood |
Monarca de Escocia | |
7 de xuño de 1329 – 22 de febreiro de 1371 ← Roberto I de Escocia – Roberto II de Escocia → | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Carreira militar | |
Conflito | Guerras de independencia de Escocia |
Outro | |
Título | Conde |
Familia | Clan Bruce |
Cónxuxe | Xoana da Torre (1328 (Gregoriano)–) Margaret Drummond, Queen of Scotland |
Parella | Agnes Dunbar |
Pais | Roberto I de Escocia e Elizabeth de Burgo |
Irmáns | Marjorie Bruce Margaret Bruce |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dictionary of National Biography, 1885–1900 (en) The Nuttall Encyclopædia >>>:David II. |
David foi fillo de Roberto I e a súa segunda esposa, Isabel de Burgh. Accedeu ao trono no 1329 sendo menor de idade.
Pese ao tratado con Inglaterra de 1328, Escocia foi invadida por Eduardo III e David tivo que exiliarse trala derrota na batalla do outeiro Halidon en xullo de 1333. A loita contra os ingleses quedou baixo o mando do sobriño de David, Roberto Estuardo. O rei inglés impuxo no trono a Eduardo de Balliol (fillo de Xoán de Balliol), co nome de Eduardo I. Máis tarde David recuperou o trono.
David II foi derrotado novamente por Eduardo III en 1346, e permaneceu prisioneiro en Inglaterra ata 1357. Nese período, Escocia volveu a quedar baixo a rexencia de Roberto Estuardo.
Casou en 1328 con Xoana da Torre, irmá de Eduardo III de Inglaterra, coa que non tivo descendentes. En 1364 casou con Margarida Drummond, tamén sen sucesión.
Por esta razón, ao morrer, proclamouse herdeiro ó seu sobriño Roberto Estuardo, dando así comezo á dinastía dos Estuardo.
Predecesor: Roberto I |
Rey de Escocia 1329 - 1371 |
Sucesor: Roberto II |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.