From Wikipedia, the free encyclopedia
O coracle (en galés: Cwrwgl) é un primitivo bote lixeiro, cuxa forma permite levalo ó lombo e que é empregado tradicionalmente en Gales, mais tamén nalgunhas partes do oeste e do suroeste de Inglaterra, Irlanda (en particular, no río Boyne),[1] e Escocia (particularmente no río Spey). O termo coracle tamén se utiliza para facer referencia a barcos semellantes da India, Vietnam, Iraq e o Tíbet.[2]
A verba coracle provén do galés, conato co gaélico, irlandés e escocés e rexístrase en inglés xa no século XVI.
Deseñado para o seu uso nos ríos rápidos de Gales e partes do resto de Gran Bretaña e Irlanda, o coracle empregouse durante séculos, despois de ter sido adoptados por Xulio César na súa invasión de Gran Bretaña a mediados do século -I e utilizounos nas súas campañas en Hispania. Durante a Guerra Civil contra Cneo Pompeio Magno, César fixo uso dos barcos que vira utilizar aos britanos, similares ao coracle galés. César descríbeos así:
A quilla e a armazón facíanse de madeira lixeira; o resto do casco, feito de vimbio trenzado, cubríase con peles.[3]
Os restos dun posible coracle foron atopados nunha tumba da Idade de Bronce en Barns Farm preto da baía Dalgety e outros dous foron descritos en Corbridge e preto de Ferriby.[4]
Segundo Ian Harries, pescador coracle, estes son tan lixeiros e portátiles que poden ser levados sobre nas costas dos pescadores cando van e volven de traballar. Cando a pesca se leva a cabo por dúas persoas, hai un pescador por barca. A rede esténdese polo río entre os dous coracles.
O deseño da nave fai do coracle unha nave inestable debido a que se atopa dentro da auga, no canto de estar sobre dela, polo que a barca pode ser transportada sen dificultade polas correntes e polo viento. A Sociedade Coracle publicou directrices para o uso seguro de coracles.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.