From Wikipedia, the free encyclopedia
Na arquitectura clásica, unha columnata[1] é unha longa secuencia de columnas vinculadas por un arquitrabe común. Ás veces constitúe un elemento autónomo, como a famosa columnata que Gian Lorenzo Bernini deseñou fronte á basílica de San Pedro do Vaticano, conformando unha gran praza de planta elíptica, ou a da catedral de Kazán, en San Petersburgo.
A forma particular da de San Pedro responde á necesidade de crear un espazo visualmente pechado pero materialmente aberto que se poida encher e baleitar de xente eficazmente. Cando unha persoa camiña pola praza de San Pedro o propio espesor das columnas superpostas entre si dálle a entender que é un espazo pechado. Porén, ao situarse nunha das dúas fontes, a percepción cambia por completo xa que estas coinciden cos focos da elipse e desde ese punto pode verse o exterior da praza a través das columnas, que xa non se superpoñen entre si.
Xa no templos do antigo Exipto había filas de columnas, especialmente como elementos de sostemento das naves e delimitando o perímetro dos patios. Na antiga Grecia, e até o período helenístico, os templos, as prazas e os mercados a miúdo estaban delimitados por fileiras de columnas. A columnata romana converteuse nun elemento típico da fase madura da súa arquitectura, e a columnata con superposición de arcos converteuse case nunha constante na era cristiá.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.