![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cc/Anserma-Caldas-Colombia.jpg/640px-Anserma-Caldas-Colombia.jpg&w=640&q=50)
Colombia
país de América do Sur / From Wikipedia, the free encyclopedia
Colombia, oficialmente República de Colombia,[1] é un país que se atopa no recuncho noroccidental de América do Sur, o que a fai posuidora de costas nos océanos Atlántico e Pacífico. Na costa norte e noroeste está o mar Caribe, e ten fronteira continental con Venezuela ó leste, o Brasil ó sueste, o Perú e Ecuador ó sur,[2] e Panamá e o océano Pacífico ó oeste.[3] Limita vía marítima con Costa Rica ó oeste; Nicaragua, Porto Rico e Honduras, ó noroeste; a República Dominicana, Xamaica e Haití ó norte. É unha república constitucional e unitaria que abrangue trinta e dous departamentos.
Himno | Himno Nacional de la República de Colombia ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Libertad y Orden» «Freedom and Order» «Свобода и ред» «Wolność i porządek» «Liberdade e orde» ![]() | ||||
Nomeado en referencia a | Cristovo Colón ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Bogotá ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 49.065.615 (2017) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua castelá ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.141.748 km² ![]() | ||||
Altitude | 223 m ![]() | ||||
Punto máis alto | Pico Cristóbal Colón (5.775 m) ![]() | ||||
Punto máis baixo | Océano Pacífico (0 m) ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1810 ![]() | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república ![]() | ||||
Órgano executivo | Goberno de Colombia ![]() | ||||
• Presidente ![]() | Gustavo Petro ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Congresso da República da Colômbia (pt) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 318.511.813.577 $ (2021) ![]() | ||||
Moeda | Peso colombiano ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .co ![]() | ||||
Prefixo telefónico | +57 ![]() | ||||
Teléfono de emerxencia | 123 ![]() | ||||
Código de país | CO ![]() | ||||
Páxina web | gov.co ![]() | ||||
![]() |
O territorio que hoxe é Colombia estivo habitado orixinariamente por pobos indíxenas como os muiscas, os quimbaya e os taironas. Os conquistadores españois chegaron en 1499 e comezaron un proceso de conquista e colonización que culminou na creación do Vicerreinado de Nova Granada, con capital en Bogotá.[4] A independencia do país produciuse en 1819, pero no ano 1830 "Gran Colombia" colapsou coa secesión de Venezuela e Ecuador. Nos actuais Colombia e Panamá xurdiu a República de Nova Granada. A nova nación experimentou co federalismo como Confederación Granadina (1858), e como Estados Unidos de Colombia (1863), antes que se declarase a República de Colombia en 1886.[5] A secesión de Panamá produciuse en 1903. Dende a década de 1960, o país sufriu un conflito armado asimétrico de baixa intesidade, que escalou na década de 1990, e que minguou dende o ano 2005.[6]
Colombia é un país etnicamente diverso e a súa poboación descende dos habitantes indíxenas, dos colonizadores españois, dos africanos levados ó país como escravos e dos inmigrantes de Europa e Oriente Medio do século XX, o cal contribuíu a unha herdanza cultural diversa.[7] Isto tamén está influído pola variada xeografía de Colombia, xa que as diferentes paisaxes do país resultaron no desenvolvemento de marcadas identidades rexionais. A meirande parte dos centros urbanos atópanse nas terras altas das montañas dos Andes, mais o territorio colombiano tamén abrangue selva amazónica, chairas tropicais e as costas Caribe e Pacífica.
Dende o punto de vista ecolóxico, Colombia está considerado un dos 17 países megadiversos, e entre eles, o máis biodiverso por quilómetro cadrado.[8][9] Colombia é unha potencia intermedia e rexional coa cuarta meirande economía de América Latina,[10] forma parte do grupo dos CIVETS como un dos mercados emerxentes e é un membro da OECD.[11] Colombia ten unha economía diversificada con estabilidade macroeconómica e perspectivas de crecemento favorables a longo prazo.[12][13]