Chámaselle Iberoamérica ós países de América que formaron parte dos imperios español e portugués. Está conformado por Brasil xunto con tódolos países de Hispanoamérica. Estes territorios comprenden case a totalidade do continente americano (de onde habería que exceptuar Canadá, EEUU, Belize, Suriname e a Güiana francesa) e inclúen tamén Cuba, a República Dominicana e Porto Rico.
Precisións xeográficas
A pesar de que unha parte importante do territorio dos Estado Unidos formou parte do Imperio español o posteriormente do México independente, como a Luisiana, Florida ou os estados do suroeste e do oeste, non se considera este país como parte de Iberoamérica debido a que as súas orixes histórico-culturais non son hispánicas.
Superficie
Orde | País | km2[1] |
1 | Brasil | 8 514 877 |
2 | Arxentina | 2 780 400 |
3 | México | 1 964 375 |
4 | Perú | 1 285 216 |
5 | Colombia | 1 138 914 |
6 | Bolivia | 1 098 581 |
7 | Venezuela | 916 445 |
8 | Chile | 756 102 |
9 | Paraguai | 406 752 |
10 | Ecuador | 283 561 |
11 | Uruguai | 176 215 |
12 | Nicaragua | 130 370 |
13 | Honduras | 112 090 |
14 | Cuba | 110 860 |
15 | Guatemala | 108 889 |
16 | Panamá | 75 420 |
17 | Costa Rica | 51 100 |
18 | República Dominicana | 48 670 |
19 | O Salvador | 21 041 |
20 | Porto Rico | 13 790 |
Total | 19 993 668 km2 |
Poboación
Orde | País | Habitantes[2] |
1 | Brasil | 201 032 714 |
2 | México | 118 395 054 |
3 | Colombia | 47 391 000 |
4 | Arxentina | 41 660 417 |
5 | Venezuela | 32 457 121 |
6 | Perú | 30 475 144 |
7 | Chile | 17 216 945 |
8 | Ecuador | 15 644 300 |
9 | Guatemala | 15 438 384 |
10 | Cuba | 11 167 325 |
11 | Bolivia | 10 027 254 |
12 | República Dominicana | 10 219 630 |
13 | Honduras | 8 555 072 |
14 | Paraguai | 6 783 374 |
15 | O Salvador | 6 340 000 |
16 | Nicaragua | 6 071 045 |
17 | Costa Rica | 4 667 096 |
18 | Porto Rico | 3 667 084 |
19 | Panamá | 3 559 408 |
20 | Uruguai | 3 324 460 |
Total | 584 890 993 |
Cume Iberoamericano
Dende 1991 vénse realizando anualmente o Cume Iberoamericano. Nesta conferencia participan os dezanove países independentes de Iberoamérica e os tres da Península Ibérica (Andorra, España e Portugal). Bélxica, Filipinas, Francia, Guinea Ecuatorial, Haití, Italia, Marrocos e os Países Baixos participan como membros asociados.
Ademais de Porto Rico, outros países que foron posesións españolas ou portuguesas en África, Asia e Europa, como Angola, Guinea-Bissau, Mozambique, a República Árabe Saharauí Democrática e Timor Leste, solicitaron formar parte do cume.[3]
Notas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.