![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/22/ISS020-E-43300_-_View_of_Haiti.jpg/640px-ISS020-E-43300_-_View_of_Haiti.jpg&w=640&q=50)
Haití
From Wikipedia, the free encyclopedia
A República de Haití (en crioulo haitiano: Repiblik Dayti; en francés: République d’Haïti)[1] é un país do Caribe, na parte occidental da illa A Española, limitando, xa que logo, con República Dominicana polo leste; ao norte ten o océano Atlántico e ao sur e ao oeste ten o mar Caribe. O seu territorio comprende igualmente a illa La Gonâve, a illa da Tartaruga, o arquipélago das illas Cayemites e a Illa da Vaca, así como outros diversos illotes. A inhabitada illa de La Navasse é reclamada por Haití ante a administración dos Estados Unidos. A súa área total é de 27.750 km cadrados, albergando unha poboación de 10 033 000 habitantes (2009).[2] A súa capital e cidade máis importante é Porto Príncipe.
Ayiti (ht) Ayiti (tnq) ![]() | |||||
Himno | La Dessalinienne (pt) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Liberté, Égalité, Fraternité» ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Porto Príncipe ![]() | ||||
Contén a división administrativa | Artibonita (pt) ![]() Centro (pt) ![]() Grande Enseada (pt) ![]() Nippes (pt) ![]() Nordeste (pt) ![]() Noroeste (pt) ![]() Norte (pt) ![]() Oeste (pt) ![]() Sudeste (pt) ![]() Sul (pt) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 10.981.229 (2017) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua francesa Crioulo haitiano ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 27.750 km² ![]() | ||||
Punto máis alto | Pic la Selle (pt) ![]() ![]() | ||||
Punto máis baixo | Mar Caribe (0 m) ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1804 ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Presidente (pt) ![]() ![]() | Ariel Henry (pt) ![]() ![]() | ||||
Órgano executivo | Government of Haiti (en) ![]() ![]() | ||||
• Primeiro ministro ![]() | Claude Joseph (pt) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento Haitiano (pt) ![]() ![]() | ||||
Membro de | Caribbean Development Bank (en) ![]() Caribbean Disaster Emergency Management Agency (en) ![]() Aliança dos Pequenos Estados Insulares (pt) ![]() ![]() | ||||
PIB nominal | 20.877.414.952 $ (2021) ![]() | ||||
Moeda | gourde (pt) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .ht ![]() | ||||
Prefixo telefónico | +509 ![]() | ||||
Teléfono de emerxencia | 115, 116 (pt) ![]() ![]() ![]() | ||||
Código de país | HT ![]() | ||||
Páxina web | primature-haiti.net ![]() |
Haití é unha antiga colonia francesa, foi o primeiro país en Latinoamérica en declarar a súa independencia e o segundo do continente, despois dos Estados Unidos. Accedeu á independencia tras un proceso revolucionario de carácter abolicionista iniciado en 1791 que desembocou nunha prolongada loita armada contra Francia, a potencia colonizadora desde finais do século XVII. Este proceso converteu a Haití, cuxa base étnica da poboación ten nun 95% a súa orixe en habitantes da África subsahariana, no escenario do primeiro caso na Historia de escravos que se emancipan deste xeito. Este episodio é especificamente lembrado polas Nacións Unidas mediante a Resolución 29/C40, que constitúe o Día internacional do recordo da trata negra e da súa abolición o 23 de agosto,[3] e a institución da medalla Toussaint Louverture, en homenaxe a un dos líderes políticos haitianos.
Haití está constituído en forma de república semipresidencialista segundo a Constitución aprobada en 1987, pero cuxa vixencia ficou suspendida dende aquela en varias ocasións pola violencia, particularmente tralo golpe de estado militar de 1991 e a crise de 2004, onde interviñeron as Nacións Unidas mediante o destacamento da Misión de Estabilización das Nacións Unidas en Haití (MINUSTAH). Tras un proceso electoral tutelado pola comunidade internacional en 2006, o Xefe do Estado, escolleito por sufraxio universal, é René Préval mentres que a Asemblea Nacional de Haití designou no 2009 a Jean-Max Bellerive como primeiro ministro.
A economía de Haití xerou no 2009 un PIB nominal de 6.908 millóns de dólares e unha renda per cápita de 772 dólares,[4] sendo a máis pobre de todo o continente americano e unha das máis desfavorecidas do mundo. Segundo The World Factbook, o 80% da súa poboación vive na miseria e dous terzos da xente dependente do sector da agricultura e pesca,[5] tradicionalmente organizado en pequenas explotacións de subsistencia. Houbo unha intensiva e descontrolada deforestación que minguou a superficie arborada de Haití do 60% en 1923 a menos do 2% en 2006.[6] As devastadoras tormentas tropicais que sofre afectan ás escasas infraestruturas de comunicacións que ten, aumentando máis así a súa inestabilidade. O sector industrial máis relevante é o téxtil, que representa máis do 75% do volume de exportacións, principalmente para os Estados Unidos, e o 90% do PIB.[7] Haití está incluído no programa do Fondo Monetario Internacional e do Banco Mundial como país en vías de desenvolvemento altamente endebedado (Highly-Indebted Poor Country, HIPC).[8]