From Wikipedia, the free encyclopedia
O crioulo haitiano (Kreyòl ayisyen; kɣejɔl ajisjɛ̃), adoito chamado simplemente kreyòl, é unha lingua falada en Haití por arredor de oito millóns de persoas (o 80% da poboación total do país) e, a través da emigración, ten un millón de falantes en Cuba, Bahamas, Canadá, Illas Caimán, república Dominicana, Güiana Francesa, Martinica, Guadalupe, Belize, Porto Rico e nos Estados Unidos. É a lingua crioula máis falada do mundo.[4]
Crioulo haitiano kreyòl | ||
---|---|---|
Falado en: | Haití | |
Total de falantes: | 9,6-12 millóns (2014)[1][2] | |
Familia: | Crioulo Francés crioulo Crioulo haitiano | |
Escrita: | Latino (alfabeto haitiano) | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Haití | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | ht | |
ISO 639-2: | hat | |
ISO 639-3: | hat
| |
Mapa | ||
Status | ||
O crioulo haitiano é un dos dous idiomas oficiais de Haití, xunto co francés. É unha lingua crioula baseada no francés do século XVIII con moi diversas influencias, sobre de todo linguas africanas (incluíndo algunha influencia do árabe), así como do español e o taíno e, cada vez máis, do inglés.
Debido en parte aos esforzos de Félix Morisseau-Leroy, dende 1961 o crioulo haitiano recoñécese como lingua oficial de Haití, xunto co francés que fora a única lingua literaria do país dende a súa independencia en 1804. O status oficial mantívose na Constitución de 1987. O uso do crioulo na literatura é pequeno pero está a medrar. Morisseau foi un dos primeiros e máis influentes autores en empregar o crioulo. Dende os 80, moitos educadores, escritores e activistas escriben en crioulo. Hoxe, moitos xornais, así como programas de radio e televisión, empregan o crioulo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.