From Wikipedia, the free encyclopedia
Costa Rica, oficialmente República de Costa Rica, é un país de América Central, limitado ó norte por Nicaragua, ó leste polo mar Caribe e por Panamá e ó sur e oeste polo océano Pacífico. Tamén pertence ó país a illa do Coco, no océano Pacífico. Ten unha poboación de arredor de 5 millóns de habitantes e unha área de 51 060 quilómetros cadrados. Arredor de 333 980 persoas viven na capital e meirande cidade, San Xosé, con case 2 millóns de persoas vivindo na área metropolitana.[1]
República de Costa Rica (es) | |||||
Himno | Himno nacional de Costa Rica | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Vivan siempre el trabajo y la paz» | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | San Xosé | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.044.197 (2022) (98,56 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua castelá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 51.179,92 km² | ||||
Bañado por | Mar Caribe e Océano Pacífico | ||||
Punto máis alto | Cerro Chirripó (3.820 m) | ||||
Punto máis baixo | Mar Caribe (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1821 | ||||
Santo padrón | Virxe dos Anxos | ||||
Organización política | |||||
• Presidente | Rodrigo Chaves Robles (2022–) | ||||
Órgano lexislativo | Asemblea Lexislativa de Costa Rica , (Escano: 57) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 64.616.482.168 $ (2021) | ||||
Moeda | colón costarriqueño | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .cr | ||||
Prefixo telefónico | +506 | ||||
Teléfono de emerxencia | 911 e 112 | ||||
Código de país | CR | ||||
Páxina web | presidencia.go.cr | ||||
O estado soberano de Costa Rica é unha república constitucional, presidencial e unitaria. É recoñecida pola súa democracia e estable e duradeira, e pola súa forza de traballo altamente cualificada, a maioría dos cales falan inglés.[2] O país destina o 6,9% dos seus orzamentos (2016) en educación, comparada coa media global que destina o 4,4%.[2] A súa economía, outrora altamente dependente da agricultura, diversificouse para incluír sectores como finanzas, servizos corporativos para empresas estranxeiras, produtos farmacéuticos e ecoturismo. Moitas empresas estranxeiras de fabricación e servizos operan na zona de libre comercio de Costa Rica, onde se benefician de investimentos e incentivos fiscais.[3]
Os historiadores clasificaron os pobos indíxenas de Costa Rica como pertencentes á área intermedia, onde se solaparon as culturas nativas mesoamericanas e andinas. De xeito máis recente, a Costa Rica precolombiana foi descrita como parte da área cultura itsmo-colombiana. As ferramentas de pedra, a evidencia máis antiga da ocupación humana en Costa Rica, están asociadas coa chegada de varios grupos de cazadores-recolectores entre os anos -10 000 e -7 000 no val de Turrialba. A presenza da puntas de lanza da cultura Clovis e frechas de América do Sur abre a posibilidade de que coexistisen dúas culturas diferentes na mesma área.[4]
A agricultura é evidente entre a poboación que viviu en Costa Rica hai uns 5 000 anos. Cultivaban principalmente tubérculos e raíces. Durante o primeiro e segundo milenio a.C xa existían comunidades agrícolas asentadas. Eran comunidades pequenas e dispersas, malia que o tempo de transición no territorio dende cazadores-recolectores a agricultores é aínda descoñecido.[5] O uso máis antigo de olaría data de -2000 a -3000. Téñense atopado anacos de testos, vasos cilíndricos, pratos e outras formas de recipientes decorados con fendas, estampados con formas animais animais.[6]
O impacto dos pobos indíxenas na cultura da moderna Costa Rica foi relativamente pequeno comparado co doutros países xa que o territorio carecía dunha civilización nativa forte e desenvolvida coa que identificarse. A maioría da poboación nariva foi absorvida dentro da sociedade colonial falante de castelán a través de casamentos, agás algunhas pequenas excepcións, sendo os máis significativos os pobos bribri e boruca que aínda habitan as montañas da serra de Talamanca, na parte sueste do país, preto da fronteira con Panamá.
Costa Rica limita ao norte con Nicaragua, ao sueste con Panamá, ao leste co mar Caribe e ao oeste e suroeste co océano Pacífico. A Illa do Coco, no océano Pacífico, pertence a Costa Rica.
Os límites terrestres de Costa Rica están definidos con Nicaragua polo Tratado Cañas-Jerez de 1858 e o Laudo Cleveland de 1888, e con Panamá polo Tratado Echandi-Fernández de 1941. Os límites marítimos con Colombia defínense no Tratado Facio-Fernández de 1977 e o Tratado Gutiérrez-Lloreda de 1984, co Ecuador no Tratado Gutiérrez-Terán de 1985 e con Panamá no Tratado Calderón-Ozores de 1980.
Actualmente os principais Partidos Políticos do país son:
Partido Liberación Nacional (PLN, Socialdemócrata), e
Partido Acción Cidadá (PAC, centro).
Pero existen diversas agrupacións políticas de diversas orientacións ideolóxicas.
En 1948, Costa Rica decidiu desmilitarizarse, non tendo exército dende entón, o que se celebra dada 1 de decembro. O feito produciuse despois da guerra civil mantida en 1948.[7]
A división territorial de Costa Rica comprende sete provincias subdivididas en 81 cantóns e estes, á súa vez, en 463 distritos.
Provincias de Costa Rica. | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
# | Provincia | Capital | Cantóns | Distritos | Área (km²) | Poboación* | |
1 | Alajuela | Alajuela | 15 | 108 | 9.757,53 | 716.286 | |
2 | Cartago | Cartago | 8 | 48 | 3.124,67 | 432.395 | |
3 | Guanacaste | Liberia | 11 | 59 | 10.140,71 | 264.238 | |
4 | Heredia | Heredia | 10 | 46 | 2.656,98 | 354.732 | |
5 | Limón | Limón | 6 | 27 | 9.188,52 | 389.295 | |
6 | Puntarenas | Puntarenas | 11 | 57 | 11.265,69 | 357.483 | |
7 | San José | San José | 20 | 118 | 4.965,90 | 1 345 750 | |
* Censo do ano 2000 |
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
A moeda de Costa Rica é o colón. 1 euro equivale a 578.72 colones.[8]
As rexións central e sur son as áreas máis densamente poboadas. A cidade máis poboada é San Xosé (medio millón de persoas).
Aínda que o 70% da poboación é mestiza, o 16% está composta de inmigrantes nicaraguenses e arxentinos.
A principal relixión é o catolicismo.
O español é a lingua oficial.
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.