![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7a/Cuarentena_Lima_%252819_de_marzo_2%2529.jpg/640px-Cuarentena_Lima_%252819_de_marzo_2%2529.jpg&w=640&q=50)
Perú
país de América do Sur / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Perú (en quechua e en aimará Piruw), oficialmente a República del Perú; é un país de Suramérica, limitado ao norte por Ecuador e por Colombia; ao leste polo Brasil, Bolivia e Chile; e ao sur e oeste polo océano Pacífico.[1][2]
República del Perú (es) ![]() | |||||
Himno | Himno Nacional del Perú (pt) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Firme y feliz por la unión» «Firm and Happy for the Union» «Твърди и радостни за съюза» «연합을 위한 확고한 행복하다» ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Lima ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 29.381.884 (2017) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua castelá Lingua aimará linguas quechuas ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.285.216 km² ![]() | ||||
Auga | 8,8 % ![]() | ||||
Punto máis alto | Huascarán (6.768 m) ![]() | ||||
Punto máis baixo | Depresión de Sechura (en) ![]() ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 28 de xullo de 1821 ![]() | ||||
Día festivo | |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república ![]() | ||||
Órgano executivo | Government of Peru (en) ![]() ![]() | ||||
• Presidenta ![]() | Dina Boluarte (2022–) ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Congresso da República do Peru (pt) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 223.717.791.483 $ (2021) ![]() | ||||
Moeda | Nuevo sol ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .pe ![]() | ||||
Prefixo telefónico | +51 ![]() | ||||
Teléfono de emerxencia | 911, 105, 116 (pt) ![]() ![]() ![]() | ||||
Código de país | PE ![]() | ||||
Páxina web | gob.pe ![]() | ||||
![]() |
Posúe unha complexa xeografía dominada principalmente polas elevacións da cordilleira dos Andes e as correntes do Pacífico, que lle configura climas e paisaxes variadas como a costa desértica, a puna dos altos Andes ou a selva tropical da conca amazónica.
No seu territorio existiu unha das culturas máis antigas que se coñece de América, a civilización de Caral (XII milenio a. C.) No século XVI, o Imperio Inca foi anexionado polos conquistadores españois con apoio de etnias contra o dominio inca. España estabeleceu así un vicerreinado que incluíu a maior parte das súas colonias suramericanas. En 1821, o país independízase.
A poboación peruana, calculada en máis de 28 millóns (2008), é de orixe multiétnica e mestiza de importante substrato indíxena á cal sumáronse as ascendencias europeas, africanas e asiáticas. O idioma máis falado é o español, aínda que un número significativo de peruanos falan diversas linguas nativas, como as linguas quechuas, as de maior número de falantes.
É un país en desenvolvemento cun Índice de Desenvolvemento Humano medio máis elevada desigualdade económica que viu mellorar os seus ingresos e decrecer o seu nivel de pobreza nos últimos anos. As súas principais actividades económicas inclúen a agricultura, pesca, minaría e a manufactura de produtos como os téxtiles. O Perú é membro da Comunidade Andina.
Politicamente, o país está organizado nunha república presidencialista democrática cun sistema político multipartidista estruturada baixo os principios de separación de poderes e descentralización. Divídese en 25 circunscricións departamentais (24 departamentos e a Provincia Constitucional do Callao) e a provincia sede da capital, que é Lima. Actualmente a súa presidenta é Dina Boluarte.