Téxtil
From Wikipedia, the free encyclopedia
O téxtil[1] (que provén do latín "textilis" que, á súa vez provén de "texere", tecer) é aquilo relacionado coas telas fabricadas por medio de tramas e tecidos. Trátase dun material flexible que consiste nunha rede de fibras, tanto naturais coma artificiais, chamadas fíos. Até o século XX había catro tipos de fibras empregadas, o algodón e o liño, que proveñen de fibras vexetais, e a la e a seda, que son fibras animais. No presente, a maioría de telas fanse con fibras artificiais.