O castiñeiro da China[1] (Castanea mollissima) é unha especie do xénero Castanea, na familia Fagaceae, de orixe asiática. Atopamos exemplares illados en Galiza, as máis das veces hibridados co castiñeiro común.

Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...
Castiñeiro da China

Vista general.
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Fagales
Familia: Fagaceae
Subfamilia: Quercoideae
Xénero: Castanea
Especie: 'C. mollissima'
Nome binomial
'Castanea mollissima'
Blume, Mus. Bot., 1, p. 286, 1850
Pechar
Hojas jóvenes.
Aquenios sueltos.

Descrición

É unha árbore caducifolia, de copa ancha e que medra até uns 20 m de altura. As follas son alternas, simples, con pecíolo de 1–2 cm e limbo elíptico-oblongo a oblongo-lanceolado, de 10–17 cm, rara vez máis curto, e 4,5–8 cm de largo, de base arredondada a truncada, ápice acuminado ou agudo, cunha marxe toscamente dentado e envés tomentoso a pubescente (polo menos ao longo dos nervios). As inflorescencia masculinas son amentos (candeas) de 10–20 cm, coas flores femininas usualmente na base, en número de 2-3 por involucro. O froito é unha cúpula densamente cuberta de espiños bi-trifidas, pubescentes de 1,2–2 cm de longo; dita cúpula mide 4–8 cm por 4,5–5 cm, con dous ou tres aquenios de cor marrón brillante, que teñen 2–3 cm de diámetro, rara vez menos, xeralmente máis largos ca altos.[2][3]

Distribución e hábitat

É unha especie nativa da China. Medra desde o nivel do mar até altitudes de 2.800 m. Prefire pleno sol así coma solos acedos e arxilosos; florea de abril a xullo e frutifica en agosto-outubro. Tamén na India, Sikkim, Corea e Taiwán[2][3]

Enfermidades

Os castiñeiros chineses conviviron durante un longo período de tempo coa doenza fúnxica da casca coñecida coma cancro do castiñeiro (Cryphonectria parasitica), e desenvolveron unha resistencia exitosa á praga, probabelmente máis que calquera outra especie de castiñeiro, polo que, aínda que non é inmune, polo xeral non adquire senón danos de menor importancia cando se infectan.

En América do Norte cruzáronse castiñeiros da China con castiñeiros americanos para tratar de maximizar diversos riscos desxeábeis do castiñeiro americano, tales como maior talle, maior tamaño da folla, maior tamaño e dozura da noz, e ao mesmo tempo illar e chegar á resistencia do fungo do castiñeiro da China.[4]

Usos e cultivo

Thumb
Castañas chinesas á venda no Xapón.

As noces son comestíbeis, e a árbore cultívase extensamente no leste de Asia, e moi particularmente na China.

Máis de 300 cultivares teñen sido seleccionados para a produción, repartidos en grupos rexionais: norte, val do río Yangtsé, Sichuan e Guizhou, no sur e suroeste.

Ademais, a castaña "Dandong" -do grupo de Castanea crenata- é un cultivo importante na provincia de Liaoning.[5]

Algúns cultivares, como "Kuling","Meiling", e "Nanking", teñen grandes noces de até 4 cm de diámetro.

As noces son doces, e son consideradas por algúns como as castañas de mellor sabor,[6] aínda que outros afirman que non son tan boas como as castañas americanas.[7]

No Vietnam, a castaña chinesa (vietnamita: hạt dẻ, tailandés: mác lịch) que se cultiva no distrito de Trùng Khánh, a provincia de Cao Bằng ten a máis alta calidade con 3,3-5,4% de glicosa, 36 - 46,47% de glícidos, 1,16 - 2% de lípidos, 3,12 - 3,62% de proteína.

As noces tamén son unha fonte importante de alimentos para a fauna.

Árbores senlleiras en Galiza

Os castiñeiros do China e algúns castiñeiros do Xapón do Pazo de Lourizán, en Pontevedra, figuran no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galiza.

Taxonomía

Castanea mollissima foi descrita por Carl Ludwig Blume en 1850.

Etimoloxía
  • Castanea: nome xenérico que deriva do grego χάστανον e despois o latín castănĕa, -ae, nome do castiñeiro e da castaña (Virxilio, Bucolicas,1, 82), esta última tamén chamada castanea nux (Virxilio, Bucolicas, 2, 52), a noz do castiñeiro.[8] Tamén podería derivar de Castanaea, -ae ou Castana, -ae, cidade de Asia Menor ou, segundo outros, do nome armenio desta árbore.[9]
  • mollissima: epíteto latino: mol.
Sinonimia
  • Castanea bungeana Blume
  • Castanea duclouxii Dode
  • Castanea formosana (Hayata) Hayata
  • Castanea hupehensis Dode
  • Castanea mollissima var. pendula X.Y.Zhou & Z.D.Zhou
  • Castanea sativa var. bungeana (Blume) Pamp.
  • Castanea sativa var. formosana Hayata
  • Castanea sativa var. intermedia Pamp.
  • Castanea sativa var. mollissima (Blume) Pamp.
  • Castanea sinensis Perr.
  • Castanea vulgaris var. yunnanensis Fr.[10]
Híbridos

Híbrida de xeito doado, coma todos os castiñeiros con Castanea crenata (castiñeiro do Xapón), Castanea dentata (castiñeiro americano) e Castaña sativa (castiñeiro europeo).[11]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.