Cancro do castiñeiro
Fungo que causa unha doenza en árbores From Wikipedia, the free encyclopedia
O cancro do castiñeiro[1] é unha enfermidade fúnxica causada polo ascomiceto Cryphonectria parasitica. Este fungo, patóxeno de feridas, non é quen de invadir tecidos corticais sans, penetrando no hóspede a través de feridas de distinta natureza (poda, fendas, cicatrices etc.). Está incluída na lista 100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo[2] da Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
Cancro do castiñeiro | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Cancros causados pola infección fúnxica, producindo fendas na casca | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Cryphonectria parasitica' (Murrill) Barr |
O síntoma máis característico consiste na presenza de cancros sobre o toro, pólas e rebentos, os cales provocan un anelamento impedindo así a circulación do zume, dando coma resultado a morte de gomos e pólas por riba da lesión, podendo observarse nas árbores afectadas franzas secas a agromar de pés vizosos.
Os métodos de loita para o control deste patóxeno foron evoluíndo. Porén, non se coñece no momento actual un realmente eficaz. Ás veces plántanse ou enxértanse especies de castiñeiros foráneos resistentes.
Axente causal
/Cryphonectria parasitica (Murrill) Barr (Ascomycota, Diaporthales). Sinónimo: 'Endothia parasitica Estado asexual (mitótico): Endothiella parasitica(Murrill) P.J. & H.W. Anderson.
Nomes vulgares noutras linguas
- Inglés: chestnut blight ou canker;
- Francés: chancre de l'écorce du châtaignier;
- Alemán: Kastanienkrebs;
- Español: chancro del castaño;
- Portugués: Cancro do castanheiro.
Árbores hospedadoras
Castanea sativa (castiñeiro europeo), Castanea dentata (castiñeiro americano), diferentes especies de carballos: Quercus ilex (aciñeiras), Quercus pubescens, Quercus petraea (carballos albariños), Castanopsis, pradairos, Rhus typhina, Carya ovata.
Distribución
Na Península Ibérica
Atopouse cancro na metade norte da Península: Galiza, Norte de Portugal, Asturias, Castela e León, País Vasco, Navarra e Cataluña.
Distribución mundial
Achouse cancro do castiñeiro nos catro continentes:
- Europa: Alemaña, Austria, Bélxica, Bosnia e Hercegovina, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, España, Francia, Grecia, Hungría, Italia,
Macedonia do Norte, Polonia, Portugal, Rusia (costa do Mar Negro e Cáucaso), Suíza, Ucraína e repúblicas iugoslavas.
- América do Norte: Canadá (Columbia Británica e Ontario) e os Estados Unidos.
- África: Tunisia
- Asia: China, Corea do Norte, Corea do Sur, Xeorxia, India (Uttar Pradesh), Xapón (Honshu), Taiwán e Turquía.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.