From Wikipedia, the free encyclopedia
A Capela dos Scrovegni, en italiano Cappella degli Scrovegni, tamén coñecida como Cappela dell'Arena, é unha pequena igrexa de Padua, na rexión de Véneto en Italia. Contén un ciclo de frescos de Giotto, executado entre 1304-06, que é unha das obras mestras máis importantes da arte occidental do Trecento.
Capela dos Scrovegni | |
---|---|
Frescos de Giotto | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Italia |
Localización | Padua |
Criterios | Criterios |
Inscrición | N/D |
Identificador | {{{ID}}} |
Capela dos Scrovegni Cappella degli Scrovegni | |
---|---|
[[Ficheiro:||center]] Unha das obras mestras de Giotto | |
Historia | |
Fundación | 1303 en Padua, Italia |
Fundador | Enrico Scrovegni |
Motivo | Para albergar unha serie de frescos de Giotto, e, segundo algúns historiadores da arte, como penitencia polos pecados do seu pai, usureiro de Dante Alighieri |
Goberno | |
Tipo de goberno | Cidade de Padua |
Propietario | Alcalde de Padua |
Estrutura | Capela privada |
Agrupacións | Igrexa Católica |
Clasificación | |
Grupo | Católico |
Orientación | Catolicismo Romano |
Teoloxía | Catolicismo |
Demografía e cultura | |
Fieis | Visitantes e peregrinos |
Países | Italia |
Congregacións | Visitantes diarios |
Linguas litúrxicas | Italiano, Latín |
Ritos litúrxicos | Rito romano |
Outros datos | |
Sede central | Pádua, Italia |
Páxina web | https://www.cappelladegliscrovegni.it/ |
A igrexa linda cun mosteiro agostiño, o Monastero degli Eremitani. A capela e o mosteiro forman agora parte do conxunto dos Museos Cívicos de Padua.[1]
En 2021, os frescos da capela foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, como parte dun grupo de oito bens inscritos de Padua (Serie de frescos do século XIV de Padua).[2]
Unha réplica a escala 1:1 da Capela Scrovegni atópase en Xapón, no Museo de Artes de Otsuka.[3]
Malia que o actual propietario da capela, a cidade de Padua, sempre se refire a ela como a Capela dos Scrovegni e ese é o nome máis común, tamén é coñecida por outras denominacións como son:
O edificio é moito máis grande do que suxire o nome de capela e foi construído en ladrillo. A planta consta dunha soa nave rectangular que se conecta co coro e mide 20,88 m de longo e 8,41 m de largo por 12,65 m de alto e está cuberta cunha bóveda de canón. O coro onde está o altar é case cadrado (4,49 × 4,31 m) e conta cunha ábsida pentagonal que prolonga o coro e se estreita na parte posterior por dous muros inclinados. Sobre a ábsida sobresae o campanario dunha modesta altura. A sancristía ábrese ao coro por unha porta.
Segundo o costume cristián, a capela sitúase de xeito que o coro estea orientado ao leste. A entrada orixinal está situada na fachada frontal do lado oeste, pero xa non se utiliza. O muro norte da nave está totalmente pechado. A luz do día entra pola ventá gótica de tres partes da fachada principal, polas seis fiestras de arco estreito no lado sur, polas dúas nos muros inclinados da ábsida e por unha pequena ventá redonda no muro entre elas.
O estilo da constución manifesta claramente o tránsito entre o románico e o gótico na fachada, onde un arco de medio punto abrangue tres fiestras de arco apuntado, e na combinación dunha bóveda de canón sobre a nave con bóveda de crucería sobre o coro e a ábsida. Baixo a nave había un espazo subterráneo coa mesma superficie, que estaba disposto como refectorio dos gaudentes.[5] No século XV construíuse un pórtico contra a fachada, pero non foi reconstruído despois do derrubamento en 1817.[6][7] Tamén no século XV pintáronse frescos no exterior da fachada, que tampouco se conservan.[8]
A capela foi dedicada a Santa María della Caritá, durante a festa da Anunciación de 1303 e foi consagrada o 25 de marzo de 1305[9] e, para conmemoralo, se compuxo un motete de Marchetto da Padova.[10]
A capela tamén é coñecida como a Capela da Area porque foi construída nun terreo comprado por Enrico Scrovegni que colindaba co lugar dunha area romana. O espazo era onde se representaba unha procesión ao aire libre e unha representación sagrada da Anunciación á Virxe durante unha xeración antes de que se construíse a capela.[11]
A capela tiña un propósito funerario, e o propio Enrico, falecido en 1336, está soterrado nun sarcófago na ábsida, na parte posterior do altar, e estivo pintada coma no Xuízo Final, presentando unha maqueta da capela á Virxe, o que fai pensar que se preocupaba polo seu benestar despois da morte. Aínda que a capela tiña unha función privada, tamén estaba aberta ás celebracións da cidade.
Orixinalmente a capela estaba conectada por unha porta lateral co palacio familiar, hoxe desaparecida, e que fora construída por orde dos Scrovegni seguindo o trazado elíptico dos restos dun anfiteatro romano próximo que actualmente forma o xardín fronte á edificio, visitado por milleiros de turistas.
Giotto e o seu equipo cubriron con frescos todas as superficies internas da capela, incluíndo as paredes e o teito. A nave mide 20,88 metros de lonxitude, 8,41 metros de largo e 12,65 metros de altura. A zona da ábsida contén un espazo cadrado (4,49 metros de profundidade e 4,31 metros de largo) e unha zona pentagonal (2,57 metros de profundidade). O elemento máis importante son os frescos con ciclos extensos que mostran a Vida de Cristo e a Virxe no seu papel na salvación humana. O muro do fondo da igrexa, polo que se accede á capela, ten un gran Xuízo Final. Tamén hai paneis en grisalla (monocromáticos) que mostran os Vicios e as Virtudes.
A capela foi adquirida polo concello de Padua en 1880 e dende entón foi restaurada en varias ocasións con contrafortes á vista e cuberta a dúas augas. A última remodelación tivo lugar no ano 2001.
Hai autores que aluden a unha segunda motivación na súa construción. Opinan que Enrico construíu a capela como penitencia polos pecados do seu pai pois, seu pai -Reginaldo degli Scrovegni-, foi o usureiro que aparece como personaxe no sétimo círculo do Inferno, na Divina Comedia[12] de Dante Alighieri.
Enrico dedicou un parágrafo do seu testamento ao desexo dos seus herdeiros de preservar o xacemento.
A decoración mural da capela é unha das obras mestras máis importantes de Giotto di Bondone. Aínda que non existe documentación específica do contrato que lle fixeron ao artista, críticos e historiadores coinciden en que a capela probablemente rematouse de pintar en 1305 ou 1306. Os frescos están dispostos en tres bandas horizontais superpostas. Cada unha contén seis caixas sucesivas, o que supón un total de 36 caixas. A orde narrativa é de esquerda a dereita e de arriba abaixo.
O ciclo de frescos de Giotto céntrase na vida da Virxe e celebra o seu papel na salvación humana. A capela tamén se chama Capela Arena porque foi construída nunha zona comprada por Enrico Scrovegni, que fora o lugar dun anfiteatro romano, onde tiñan lugar as procesións ao aire libre e as representacións sagradas da Anunciación. Un motete de Marchetto da Padova parece que foi composto para a dedicatoria do 25 de marzo de 1305.[13] O rico banqueiro Enrico degli Scrovegni construíu a capela privada nun lugar que tiña acceso directo ao seu palazzo familiar e lle encargou a Giotto a decoración.
Imaxe | Nome | Dimensión (cm) | Imaxe | Nome | Dimensión (cm) |
---|---|---|---|---|---|
Visitación | 150x140 | Traizón de Xudas | 150x140 | ||
Natividade - Nacemento de Xesús | 200x185 | Última Cea | 200x185 | ||
Adoración dos Magos | 200x185 | Lavado dos pés | 200x185 | ||
Presentación de Cristo no Templo | 200x185 | Prisión de Cristo (Beixo de Xudas) | 200x185 | ||
Fuga para o Exipto | 200x185 | Cristo perante Caifás | 200x185 | ||
Masacre dos Inocentes | 200x185 | Cristo Humillado | 200x185 | ||
Cristo entre os doutores | 200x185 | Camiño para o Calvario | 200x185 | ||
Batismo de Cristo | 200x185 | Crucifixión | 200x185 | ||
Vodas de Canaán | 200x185 | Lamento por Cristo morto(Velorio de Cristo) | 200x185 | ||
Resurrección de Lázaro | 200x185 | Resurrección (Noli me tangere) | 200x185 | ||
Entrada en Xerusalén | 200x185 | Ascensión | 200x185 | ||
Expulsión dos mercaderes do Templo | 200x185 | Pentecostés | 200x185 | ||
Coretto | 150x140 | Coretto | 150x140 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.