O extremo C-terminal (tamén chamado carboxilo terminal, carboxi-terminal, extremo COOH ou COOH-terminal) dunha proteína ou polipéptido é a rexión final da cadea de aminoácidos que remata nun grupo carboxilo (-COOH). O outro extremo da cadea remata nun grupo amino e denomínase N-terminal. A convención para a escritura de péptidos é situar o extremo C-terminal á dereita e escribir a secuencia comezando polo extremo N-terminal; por tanto, considérase que a proteína acaba no C-terminal.
Química
Cada aminoácido ten un grupo carboxilo e un grupo amino, e un aminoácido únese a outro ao reaccionaren un grupo amino dun deles co grupo carboxilo do seguinte, establecéndose un enlace peptídico. Por esa razón todos os grupos amino e carboxilo dunha cadea de aminoácidos están formando o enlace agás os dos dous extremos, e nun dos extremo haberá un grupo carboxilo libre, o C-terminal, e no outro un grupo amino libre, o N-terminal. As proteínas sintetízanse nos ribosomas comezando desde o extremo N-terminal.
Funcións
Sinais de retención
Mentres que o extremo N-terminal dunha proteína adoita conter sinais diana, o C-terminal pode conter sinais de retención para a correcta localización da proteína. O sinal de retención máis común é a secuencia de aminoácidos -KDEL (ou HDEL), que mantén a proteína no retículo endoplasmático, evitando así a súa entrada na vía secretora.
Modificacións do C-terminal
O extremo C-terminal das proteínas pode modificarse postraducionalmente, principalmente por medio da adición dunha ancoraxe de natureza lipídica que permite que a proteína sexa inserida nunha membrana celular sen a necesidade de posuír un dominio transmembrana. A continuación indícanse dúas das modificacións máis comúns que adoita sufrir un extremo C-terminal:
- Prenilación. A prenilación consiste en engadir un grupo de ancoraxe na membrana farnesil- ou xeranilxeranil-isoprenoide a un dos residuos de cisteína próximos ao extremo C-terminal. As proteínas G pequenas unidas a membrana adoitan a ser modificadas deste modo.
- Ancoraxe GPI. Consiste na adición dun fosfoglicano, o glicosilfosfatidilinositol (GPI), que actúa como ancoraxe de membrana. A ancoraxe GPI únese ao C-terminal despois da proteólise dun propéptido C-terminal. O exemplo máis salientable é a proteína priónica.
Dominio C-terminal
O dominio C-terminal (CTD) dalgunhas proteínas presenta funcións especializadas. Por exemplo, o dominio C-terminal da ARN polimerase II, que contén máis de 52 repeticións da secuencia Tyr-Ser-Pro-Thr-Ser-Pro-Ser,[1] está implicado en diversos procesos como o inicio da transcrición, a adición do 5' cap ao ARN mensaxeiro e o acoplamento do espliceosoma para o splicing alternativo do ARN.[2]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.