A Bureau of Indian Affairs (BIA), traducido como Oficina de Asuntos Indíxenas, é unha axencia federal do goberno dos Estados Unidos que se engloba dentro do Departamento do Interior de Estados Unidos e que ten como cometido a xestión dos dereitos específicos outorgados ás minorías indíxenas de Estados Unidos.
Esta oficina é a máis antiga do Departamento de Interior dos Estados Unidos. Creouse 11 de marzo de 1824, baixo a dependencia da Secretaría de Guerra e pasou en 1849 a estar supervisada polo Departamento de Interior.
É responsable da administración e xestión de 55.700.000 de acres (225.000 km2) de terra cedida polo goberno dos Estados Unidos en fideicomiso aos nativos americanos nos Estados Unidos, ás tribos nativas estadounidenses e aos nativos de Alasca. Ofrece servizos mediante acordos, subvencións ou pactos a preto de 1.900.000 de indios estadounidenses e nativos de Alasca, agrupados nas 567 tribos que, en 2016, teñen recoñecemento federal.
A Oficina de Asuntos Indios é unha das dúas oficinas competencia da Subsecretaría de Asuntos Indios -a Oficina de Asuntos Indios e a Oficina de Educación indíxena (BIE)- que proporciona servizos educativos a case 48.000 nativos americanos. Aínda que orixinalmente era tamén responsable dos servizos de saúde dos indíxenas e dos nativos de Alasca, esta competencia se trasladó, en 1954, ao Departamento de Saúde, Educación e Benestar, coñecido agora Departamento de Saúde e Servizos Humanos dos Estados Unidos, onde permaneceu até hoxe como o Servizo Amerindio de Saúde.
Para atender os servizos actuais, a BIA divide Estados Unidos en 12 oficinas rexionais (Rexión do Medio Oeste, Rexións das Grandes Chairas, Rexión das Montañas Rochosas, Rexión do Leste de Oklahoma, Rexión das Chairas do sur, Rexión do Suroeste, Rexión do Oeste, Rexión do Pacífico), subdivididas á súa vez en 83 axencias que administran as diferentes reservas indíxenas estadounidenses.
Creada para as reservas de Alasca (agás a reserva da illa Annette que depende da rexión noroeste) tanto inuit, aleutianos como amerindias. Administra máis de 80.000 persoas agrupadas nas 229 tribos recoñecidas federalmente. Divide o territorio entre 2 axencias e a oficina central.
Axencia Fairbanks, en Fairbanks, que se ocupa dos servizos para as tribos e pobos do interior e do norte de Alasca.
Axencia Chickasaw, dende a localidade de Ada, atende os servizos na nación Chickasaw.
Axencia Miami, dende a localidade de Miami, atende a 9 tribos federalemente recoñecidas: a tribo Shawnee oriental de Oklahoma; a tribo Miami de Oklahoma; a tribo Modoc Oklahoma; a tribo Ottawa de Oklahoma; a tribo Peoria de Oklahoma; a tribo Quapaw; aos Seneca-Cayuga de Oklahoma; e a nación Wyandotte.
Axencia Okmulgee, en 2017, pasou a estar dentro da Oficina Central, atende a 4 tribos: a cidade tribal dos Alabama-Quassarte[1]; a cidade tribal dos Kialegee; Muscogee (nación Creek) e a cidade tribal dos Thlopthlocco.
Axencia de Osage (na localidade de Pawhuska), atende á nación Osage.
Axencia Talihina, en 2017, pasou a depender da oficina central. Atendía a nación Choctaw.
Axencia Wewoka (na cidade de Seminole), atende a nación Seminole de Oklahoma.
Dende a cidade de Aberdeen supervisa este amplo espazo, que abrangue 3 estados (Dacota do norte, Dacota do sur e Nebrasca) e que consta de 12 axencias para dar servizos a 16 tribos con recoñecemento federal.
Dacota do sur
Axencia de Cheyenne River: dende a localidade de Eagle Butte, atende a case 16.000 indíxenas da nación Síux de Cheyenne River.
Axencia de Crow Creek: radicada en Fort Thompson, administra a reserva de Crow Creek, creada en 1863, na que viven uns 3.500 síux e se estende por case 300.000 acres (1.200 km2 aproximadamente).
Axencia de Lower Brule, na reserva do mesmo nome, dá servizo a preto de 1.600 síux que viven na reserva.
Axencia de Pine Ridge; ofrece os seus servizos na reserva de Pine Ridge a membros da tribo síux Oglala, que ten inscritos case 47.000 membros e abrangue máis de 8.900 km2.
Axencia de Rosebud: atende a uns 24.000 membros da tribo síux Rosebud. É unha das áreas con maior taxa de desemprego dos Estados Unidos chegando, en 2017, a un 83%.[2]
Axencia de Sisseton: administra a reserva de Traverse Lake (Dacota do Sur, agás unha pequena porción en Dacota do Norte) e dá servizo a máis de 12.300 membros da tribo Sisseton-Wahpeton Oyate, unha tribo con recoñecemento federal que agrupa a dúas bandas dos síux santee. É unha das tribos que opera casinos (2 en Dacota no sur e 1 en Dacota do norte)[3].
Axencia de Yankton: administra a reserva Yankton. A sede da axencia está en Wagner, e a sede tribal na localidade de Marty. Atende a tribo Yankton (un subgrupo dos Dakota) e a tribo Ponca de Nebrasca. Esta foi recoñecida federalmente como tribo en 1990, e é a única con tal recoñecemento sen reserva en Nebrasca[4].
Dacota do Norte
Axencia de Fort Berthold: dende a sede da axencia en New Town, atende ás denominadas "Tres Tribos Afiliadas" (os arikara, hidatsa e mandan) na reserva india de Fort Berthold que ten inscritos máis de 10.000 membros, dos cales viven na reserva uns 4.000.
Axencia de Fort Totten: administra a reserva de Spirit Lake Tribe, duns 1.283.777 km². A tribo de Spirit Lake, é un subgrupo síux, con recoñecemento federal e consta, en 2017, duns 6.700 membros inscritos das bandas Sisseton e Wahpeton.
Axencia de Standing Rock: dende Fort Yates, administra a reserva do mesmo nome (Standing Rock) que está a cabalo de Dacota do norte e Dacota do sur, cunha extensión de 9.250 km2, e con 15.500 membros inscritos dos subgrupos síux: Hunkpapa Lakota, Sihasapa Lakota e Yanktonai Dakota. En 1958, aprobouse a constitución da tribo síux de Standing Rock e foi actualizada en 2008.[5]
Axencia de Turtle Mountain: dende Belcourt, administra a reserva de Turtle Mountain (creada en 1882) ofrecendo servizos aos chippewa, con máis de 30.000 inscritos.
Nebrasca
Axencia de Winnebago: dende a cidade de Winnebago, atende a 3 grupos tribais: os Winnebago de Nebrasca (4.200 membros incritos dos cales 1.600 viven na reserva Winnebago), os Omaha (5.400 inscritos; 2.460 viven na reserva Omaha) e os síux Santee de Nebrasca (2.600 inscritos dos cales 670 viven na reserva Santee).
Atende a 35 gobernos tribais e ten xurisdición sobre 4.600.000 de acres. Inclúe as reservas dos estados de Minnesota, Wisconsin,Míchigane Iowa. Organízase en 3 axencias multitribais e unha cuarta axencia/oficina de campo
Axencia de Míchigan: radicada en Sault Sainte Marie, atende as tribos e as reservas dos estados de Míchigan e Indiana.
Axencia de Minnesota: dende a oficina de Bemidji dá servizo á tribo chippewa de Minnesota e as súas 6 bandas recoñecidas federalmente (Bois Forte, Fond du Lac, Grand Portage, Leech Lake, White Earth e Mille Lacs) e óssíuxsantee e mdekanton, nas reservas deUpper Síux,Lower Síux,Prairie IslandeShakopee.
Axencia dos Grandes Lagos: ten a sede en Ashland (Wisconsin) e responsabilízase da relación con 10 das 11 tribos federalmente recoñecidas de Wisconsin.
Axencia de Red Lake: é unha oficina de campo na reserva de Red Lake, fogar da banda Red Lake da tribo chippewa. En 1997, reciben permiso do goberno federal para autoxestionar diferentes programas, anteriormente atendidos pola BIA.
O territorio da reserva coñecido como Nación Navajo, que é a reserva máis grande dos Estados Unidos, está dividido pola BIA en 5 axencias que atenden a máis de 170.000 persoas[6] da tribo Navajo:
Axencia Chinle: está no estado de Arizona; e contaba en 2010 cunha poboación de 27.823 persoas da nación Navajo.
Axencia Navajo oriental: ten a sede e Crownpoint (Novo México) e atende a parte occidental do estado. No censo de 2010, contaba con 33.216 poboadores.
Axencia de Fort Defiance: a oficina Fort Defiance pertence a Arizona pero atende a parte sur da nación Navajo nos estados de Arizona e Novo México. Segundo o censo de 2010, tiña unha poboación de 43.138 persoas.
Axencia de Shiprock: atende a parte nordeste da nación Navajo, que inclúe porcións de Utah, Arizona e Novo México que están habitadas por 31.145 persoas. A oficina está en Shiprock.
Axencia Navajo occidental: ocúpase da zona occidental abranguendo zonas de Utah e Arizona. A oficina está en Tuba City (Arizona) e administra a 36.737 persoas.
O Congreso estadounidense crea esta rexión en 1946, ofrecendo servizos a través de 15 axencias e oficinas de campo a máis de 94.000 persoas de 45 tribos que viven espalladas polas reservas ou na súa proximidade nos estados de Washington, Oregón, Idaho, Montana e no sueste de Alasca.
Washington
Axencia Colville: na localidade de Nespelem está o goberno tribal da Confederación de Tribos da reserva de Colville.
Axencia Yakama: na localidade de Toppenish está o goberno tribal das Tribos Confederadas e Bandas da Nación Yakama que se compón das seguintes tribos: Klikitat, Palus, Wallawalla, Wanapam, Wenatchi, Wishram e Yakama.
Axencia Makah: administra dende a oficina de Neah Bay a reserva Makah (121 km2) na que vive esta tribo (1.356 persoas, segundo o censo do 2000[7] e 1.414 en 2010[8]).
Axencia Olympic Peninsula: dende a oficina central en Aberdeen, adminístrase unha axencia multitribal (as tribos confederadas da Reserca Chehalis, a tribo Cowlitz, a tribo Hoh, a comunidade tribal Lower Elwha, a tribo Quileute, a tribo da Baía Shoalwater, a tribo Skokomish e a tribo da ills Squaxin).
Axencia de Puget Sound: tamén é unha axencia multitribal (tribo Lummi, a tribo Muckelshoot,a tribo Nisqually, a tribo Nooksack, a tribo de Port Gamble, a tribo Puyallup, a tribo Samish e outras varias). A oficina está en Everett.
Axencia de Spokane: ten a oficina en Wellpinit e atende a tribo Spokane e a comunidade india Kalispel.
Oficina de campo Taholah: dende a propia Taholah, administra a tribo Quinault.
Oregón
Axencia de Warm Springs: dende a mesma oficina de Warm Sprigns administra a banda Burns do pobo paiute, a tribo Klamath e as tribos condeferadas da Reserva de Warm Springs.
Axencia Umatilla: administra as tribos condeferadas da reserva Umatilla dende a oficina de Pendleton.
Idaho
Axencia de Coeur d'Alen: atende a tribo Coeur d'Alen, dende a oficina de Plummer.
Axencia de Fort Hall: administra a reserva de Fort Hall (2.110 km2) na que conviven shoshone e bannock (5.800 aproximadamente en 2015[9]) que administran as súas propias escolas, casinos, oficinas de correos e diversos negocios.
Axencia de Idaho do Norte: ten a oficina en Lapwai, onde tamén reside o goberno tribal do pobo nez perce que dá nome á reserva.
Montana
Axencia de Flathead: administra a reserva de Flathead dende a oficina radicada en Pablo e ofrece servizos ás tribos confederadas Salish e Kootenai.
Alasca
Axencia Metlakatla: administra a reserva da illa Annette (sueste de Alasca)onde vive a comunidade india Metlakatla.
Creada para as tribos de California, con 520.049 acres por tribo máis 66.769 acres tribais, repartidos entre 96 reservas e rancherías (denominación de moitas das reservas en California). Ten 200 traballadores englobados en 4 axencias que atenden as 104 tribos con recoñecemento federal na rexión[10].
Agencia Central de California: dende o mesmo Sacramento atende a unha morea de pequenas tribos (máis de 30) en rancherías e reservas tamén pequenas como a Ranchería Berry Creek, a Ranchería Big Sandy, a Ranchería Big Valley ou a reserva paiute de Bing Pine, entre outras moitas.
Agencia norte de California: ten a oficina en Redding, e atende a 13 rancherías e reservas como a Ranchería Cedarville, a Ranchería Elk Valley ou a reserva Fort Bidwell.
Agencia Palm Springs: atende a tribo Agua Caliente na reserva de Agua Caliente.
Agencia sur de California: administra as reservas, rancherías e misións de máis de 30 tribos en 4 condados do sur de California, dende a oficina de Riverside.
Comprende 7 axencias divididas entre os estados de Montana e Wyoming:
Montana
O territorio de Montana está dividido en seis axencias:
Axencia Blackfeet: administra a a reserva Blackfeet (16.000 pés negros). A oficina central está en Browning.
Axencia Fort Belknap: na reserva do mesmo nome, atende a 6.500 gros ventre e assiniboine dende a oficina central de Harlem.
Axencia Fort Peck: na reserva de Fort Peck aparecen 12.000 assiniboine e síux yanktonai inscritos que viven dentro da reserva ou nas proximidades. Son atendidos na oficina de Poplar.
Axencia Rocky Boy's: na mesma reserva está a oficina en Box Elder para 6.000 chippewa-cree inscritos.
Axencia Crow: na mesma reserva están inscritos 12.000 membros do pobo crow. A oficina central da axencia está na localidade de Crow Agency.
Axencia Northern Cheyenne, para uns 9.300 membros da tribo cheyenne do norte. A oficina está en Lame Deer.
Wyoming
O territorio de Wyoming conta tan só cunha axencia e unha reserva, a de Wind River, onde viven 8.600 arapaho do norte, e uns 3.900 shoshone do leste e algúns cheyennes. A oficina está en Fort Washakie.
Creada para o resto das tribos de Oklahoma. Consta de 4 axencias:
Axencia Anadarko: ten baixo a súa xurisdición a preto de 29.000 membros de 7 tribos recoñecidas federalmente: nación Kiowa, nación Comanche, tribo apache, a tribo Wichita e tribos afiliadas, nación Caddo, nación Delaware, e a tribo apache de Fort Sill.
Axencia Concho: atende uns 11.500 residentes das tribos cheyenne e arapaho en 8 condados de Oklahoma. A oficina central está en El Reno.
Oficina de campo Shawnee: atende dende Shawnee uns 500 membros da tribo kickapoo de Oklahoma.
Axencia Pawnee: dende a oficina de Pawney ten xurisdición sobre uns 7.200 inscritos de 4 tribos: a tribo Otoe-Missouria, a nación pawnee, tribo tonkawa e a tribo ponca.
Axencia Horton: é a única que non está en Oklahoma. Ten adscritas as reservas de Kansas coas reservas dos potawatomi, kickapoo de Kansas, Iowa e Mesquakie (tamén chamados Sac & Fox de Missouri). En total, suman unhas 10.000 persoas.
Creada para as tribos deNovo México, aínda que tamén inclúen as dalgún estado fronteirizo, como Colorado e Texas. Hai 25 reservas agrupadas en 8 axencias:
Novo México
Axencia de Jicarilla: para os apache jicarilla (3.403 membros). Ten a oficina en Dulce.
Axencia de Mescalero: para os apache mescalero (3.979 membros). A oficina está en Mescalero.
Axencia de Pueblo do norte: que inclúe a 6 tribos con recoñecemento federal (os Pueblo de Nambe, Pueblo de Picuris, Pueblo de Pojoaque, Pueblo de San Ildefonso, Ohkay Owingeh, e Pueblo de Tesuque) e a 2 tribos con autogoberno (os Pueblo de Santa Clara e os Pueblo de Taos). En total, uns 10.292 membros. A oficina está en Ohkay Owingeh.
Axencia Navajo Ramah: a oficina está na propia reserva en Ramah, atende uns 2.463 membros da Nación navajo.
Axencia Pueblo do sur: a oficina está no mesmo Alburquerque e ten xurisdición sobre 10 tribos con recoñecemento federal: Pueblo de Acoma, Pueblo de Cochiti, Pueblo de Isleta, Pueblo de Jemez, Pueblo de San Felipe, Pueblo de Sandia, Pueblo de Santa Ana, Pueblo de Santo Domingo, Pueblo de Zia e Pueblo de Ysleta do Sur (esta pertence a Texas).
Axencia Zuni: para a tribo Zuni (8.400 membros) que residen na reserva do mesmo nome.
Colorado
Axencia Ute do sur: para a tribo do mesmo nome (1.375 membros). A oficina está en Ignacio.
Axencia Ute da montaña: para a tribo do mesmo nome. Ten a oficina en Towaoc.
Creada para as tribos de Arizona (agás o territorio Navajo), Nevada e Utah. Abrangue tamén pequenos territorios de California, Oregón e Idaho. Inclúe 13 axencias que administran 143.000 indíxenas de 42 tribos en 23 reservas.
Arizona
Axencia Colorado River: na reserva do mesmo nome, agrúpanse 4 grupos (chemehuevi, mohave, hopi e navajo) que agrupan 4.277 membros inscritos e que conseguiron recoñecemento federal como as Tribos do río Colorado. A oficina da axencia está en Parker.
Axencia Fort Apache: a oficina está en Whiteriver. A reserva están inscritos 12.429 membros da tribo apache Montaña Branca (con recoñecemento federal).
Axencia de Fort Yuma: na reserva de Fort Yuma viven 2.189 persoas[11] da tribo quechan (ou Yuma)
Axencia Hopi: a oficna está en Keams Cayon, na mesma reserva Hopi, para a tribo Hopi, que en 2010 tiña 7.185 inscritos[12].
Axencia Papago: administra a reserva Tohono O'odham na que reside a tribo do mesmo nome dende a oficina de Sells.
Axencia Pima: oficina en Sacaton. Na reserva conviven a comunidade Ak Chin e a comunidade de Gila River.
Axencia Salt River: ten a oficina en Scottsdale e ten baixo a súa xurisdición 3 consellos tribais: o da comunidade Salt River Pima-Maricopa, o da tribo Pascua Yaqui (na reserva Pascua Yaqui) e o da tribo yavapai de Fort McDowell (que vive na reserva do mesmo nome).
Axencia San Carlos: controla a Reserva de San Carlos, creada para a tribo apache dos Chiricauas e para algunhas bandas de yavapai.
Axencia Truxton Canyon: ten a oficina en Valentine. Atende varios grupos apaches: a tribo Havasupai (na reserva do mesmo nome), a tribo Hualapai (na reserva do mesmo nome), a tribo Tonto Apache, a tribo apache yavapai (na reserva Yavapai-Prescott e na de Camp Verde).
Nevada
Axencia de Nevada oriental: dende a oficina de Elko atende a varias tribos establecidas en pequenas reservas. Entre outras son: a tribo shoshone Duckwater (na reserva Duckwater), a tribo shoshone Ely (na reserva Ely que contaba con 133 persoas no ano 2000 [13]), a tribo Goshute (na reserva do mesmo nome, que tiña inscritas 238 persoas no ano 2000[14]), a tribo shoshone-paiute (na reseva de Duck Valley, que está a cabalo de Nevada e Idaho) e a tribo Te-Moak dos Shoshone occidentais.
Axencia de Nevada occidental: dende a oficina de Carson City, presta servizos a diversas tribos dos Paiute (nas reservas de Pyramid Lake, Summit Lake, Lovelock, Walker River e de Yerington) e Paiute-Shonshone (nas colonias de Winnemuca e nas reservas de Fort McDermitt e de Fallon) e á tribo Washoe de Nevada e California.
Utah
Axencia Paiute meridional: ten a oficina central en Saint George e atende a varias bandas da tribo Paiute: a banda Kaibab (unha tribo con recoñecemento federal dos paiutes meridionais e que viven na reserva Kaibab), a tribo Las Vegas da colonia india de Las Vegas, a banda Moapa dos Paiute meridionais na reserva Moapa River, ao consello da tribo Paiute e ao consello tribal paiute de San Juan (que ten comunidades en Tuba City -Arizona-, e en Utah).
Axencia Uintah e Ouray: a oficina central está en Fort Duchesne na reserva de Uintah e Ouray habitada pola tribo Ute e que é a segunda máis grande dos Estados Unidos despois da reserva da nación navajo. Tamén ten baixo a súa xurisdición a reserva de Skull Valley[15], da tribo Goshute.