grupo étnico das rexións árticas de América do Norte From Wikipedia, the free encyclopedia
Os inuit[5] (en inuktitut: ᐃᓄᐃᑦ, "o pobo"[6]) son un grupo de pobos indíxenas con grandes semellanzas culturais que habita na rexión do Ártico en Groenlandia, Canadá, e Alasca.[7] Inuit é unha palabra en plural, sendo o singular Inuk.[6] As linguas inuit están clasificadas na familia esquimó-aleutiana,[8] e a lingua de signos inuit é unha lingua illada empregada en Nunavut.[9]
Pobos inuit | |
---|---|
Poboación | |
Poboación total: 118,426[1][2][3] | |
Rexións principais: | |
Groenlandia | 51 365 |
Canadá | 50 480 |
Estados Unidos | 16 581 |
Aspectos culturais | |
Lingua | Linguas inuit, dinamarqués, inglés, francés, Inuiuuk e outras |
Relixión | Relixión inuit, cristianismo |
Grupos relacionados | Aleutianos e iupik[4] |
Nos Estados Unidos e no Canadá o termo "esquimó" foi empregado comunmente para describir ós inuit, ós iupik de Alasca e ós inupiaq. "Inuit" non está aceptado como termo para describrir ós iupik, e "esquimó"[10] é o único termo que inclúe ós iupik, inupiaq e inuit. Porén, os pobos aborixes do Canadá e os groenlandeses ven o termo "esquimó" como pexorativo, e "inuit" fíxose máis común.[11][12] No Canadá, as seccións 25 e 35 da Acta de Constitución de 1982 chaman "inuit" a un grupo distintivo de aborixes canadenses que non están incluídos nas Primeiras Nacións ou nos Métis.[13]
Os inuit viven no Ártico canadense, no territorio de Nunavut; "Nunavik" no terzo norte do Quebec; "Nunatsiavut" e "NunatuKavut" en Labrador; e en varias partes dos Territorios do Noroeste, particularmente arredor do océano Ártico. Estas áreas son coñecidas en inuktitut como "Inuit Nunangat".[14][15] Nos Estados Unidos, os inupiaq viven no norte de Alasca e na illa Diomedes Menor. Os inuit de Groenlandia son descendentes de migracións dende o Canadá e son cidadáns de Dinamarca, mais non forman parte da Unión Europea.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.