From Wikipedia, the free encyclopedia
Os yavapai son unha tribo de nativos americanos de Arizona. Historicamente, os yavapai – literalmente “xente do sol” (de enyaeva “sol” + pai “xente ou pobo”)[1] – estaban divididos en catro bandas separadas xeograficamente, os Ɖo:lkabaya, ou yavapai occidentais; os Yavbe', ou yavapai do noroeste; os Guwevkabaya, ou yavapai do sueste; e os Wi:pukba, ou yavapai do nordeste. Outra banda yavapai, que xa non existe, era a Mađqwadabaya ou "xente do deserto".
Pobo yavapai | |
---|---|
Wassaja, Carlos Montezuma en 1890. | |
Poboación | |
Poboación total: 1 550 (1992) | |
Rexións principais: | |
Estados Unidos | Arizona |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua yavapai |
Relixión | Relixión tribal tradicional e cristianismo |
Grupos relacionados | Havasupai, hualapai, mohave e apaches |
Crese que os yavapai xurdiron dunha mestura de pobos mohave e quechan. Lingüisticamente, os yavapai teñen moitos trazos en común cos seus veciños do norte, os havasupai e os hualapai.[2] A miúdo, os yavapai foron confundidos con apaches polos colonos estadounidenses, chamándoos "mohave-apache," "yuma-apache" ou "tonto-apache".[3]
Antes da década de 1860, cando os colonos comezaron a explorar o seu territorio na na busca de ouro, os yavapai ocupaban unha área de arredor de 51 800 km², limitando coa Serra de San Francisco polo norte, coas Montañas Pinaleño e Mazatzal polo sueste, co río Colorado polo oeste, e co río Gila e o río Salt polo sur.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.