From Wikipedia, the free encyclopedia
Bifidobacterium é un xénero da bacterias grampositivas, non móbiles, anaerobias ramificadas. Atópanse por todas partes, e habitan como endosimbiontes do tracto gastrointestinal, vaxina[1][2] e na boca (B. dentium) dos mamíferos, incluídos os humanos. As bifidobacterias son un dos maiores xéneros de bacterias que constitúen a flora bacteriana do colon de mamíferos. Algunhas bifidobacterias utilízanse como probióticos.
Bifidobacterium | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Bifidobacterium adolescentis | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
B. adolescentis |
Antes da década de 1960, as especies de Bifidobacterium estaban colectivamente clasificadas dentro da especie "Lactobacillus bifidus".
En 1899, Henry Tissier, un pediatra francés no Instituto Pasteur de París, illou da flora intestinal de meniños lactantes unha bacteria caracterizada por ter unha morfoloxía con forma de Y ("bífida") e nomeouna "bifidus".[3] En 1907, Elie Metchnikoff, director adxunto no Instituto Pasteur, propuxo a teoría de que as bacterias do ácido láctico son beneficiosas para a saúde humana.[3] Metchnikoff observou que a lonxevidade dos campesiños búlgaros era o resultado do seu consumo de produtos de leite fermentado.[4] Elie Metchnikoff tamén indicou que “a administración oral de cultivos de bacterias fermentadoras implantaría as bacterias beneficiosas no tracto intestinal”.[5]
Algunhas cepas de Bifidobacterium considéranse importantes probióticos e utilízanse na industria alimentaria. Diferentes especies e/ou cepas de bifidobacterias poden exercer diversos efectos beneficiosos para a saúde, como a regulación da homeostase microbiana intestinal, a inhibición de patóxenos e bacterias daniñas que colonizan ou infectan a mucosa intestinal, a modulación de respostas locais e sistémicas, a represión de actividades encimáticas procarcinoxénicas na microbiota, a produción de vitaminas, e a bioconversión de varios compostos da dieta en moléculas bioactivas.[2] As Bifidobacterium melloran a función da barreira mucosa intestinal e rebaixan os niveis de lipopolisacárido no inestino.[6]
As Bifidobacterium spp. naturais dificultan o crecemento de patóxenos gramnegativos nos meniños.[7]
O leite materno contén altas concentracións de lactosa e menores cantidades de fosfato (tampón do pH). Por tanto, cando o leite materno é fermentado polas bacterias do ácido láctico (incluíndo as bifidobacterias) no tracto intestinal do meniño, o pH pode ser reducido, facendo máis difícil que crezan as bacterias gramnegativas.
O xénero Bifidobacterium posúe unha vía da frutosa-6-fosfato fosfocetolase exclusiva utilizada para fermentar os carbohidratos.
Moitas das investigacións metabólicas sobre as bifidobacterias enfocáronse no metabolismo dos oligosacáridos, xa que eses carbohidratos están dispoñibles nos seus hábitats que adoitan ser bastante limitados en nutrientes. Nos filotipos bifidobacterianos asociados aos meniños parece que evolucionou a capacidade de fermentar os oligosacáridos do leite, mentres que as especies asociadas aos adultos usan os oligosacáridos de orixe vexetal, o que é consistente co que encontran nos seus respectivos ambientes. Como os meniños lactantes a miúdo albergan consorcios bacterianos no intestino dominados polas bifidobacterias, numerosas aplicacións intentaron imitar as propiedades bifidoxénicas dos oligosacáridos do leite. Estes son grosso modo clasificados como fruto-oligosacáridos derivados de plantas ou galacto-oligosacáridos derivados dos produtos lácteos, que son metabolizados de xeito diferente e distinto do catabolismo dos oligosacáridos do leite.[2]
A sensibilidade dos membros do xénero Bifidobacterium ao O2 limita xeralmente a actividade probiótica a hábitats anaeróbicos. As recentes investigacións informaron que algunhas cepas de Bifidobacterium mostran varios tipos de crecemento óxico. As baixas concentracións de O2 e CO2 poden ter un efecto estimulatorio sobre o crecemento destas cepas de Bifidobacterium. Baseándose nos perfís de crecemento en diferentes concentracións de O2, as especies de Bifidobacterium foron clasificadas en catro clases: hipersensibles ao O2, sensibles ao O2, tolerantes ao O2, e microaerófilas. O principal factor responsable da inhibición do crecemento aeróbico crese que é a produción de peróxido de hidróxeno (H2O2) no medio de crecemento. Purificouse unha NADH oxidase formadora de H2O2 dun Bifidobacterium bifidum sensible ao O2 e foi identificada como unha dihidroorotato deshidroxenase de tipo b. Os parámetros cinéticos suxiren que o encima podería estar implicado na produción de H2O2 en ambientes moi aireados.[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.